Víctor Sampedro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Víctor Sampedro
Víctor Sampedro 2015.jpg
Nacemento1966
 Viveiro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Navarra e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónsociólogo, Cátedra universitaria e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Víctor Francisco Sampedro Blanco, nado en Viveiro en 1966, é un escritor e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias da Información en 1990 na Universidade de Navarra e doutorouse na Universidade Complutense en 1995, despois de cursar dous mestrados, no Instituto Juan March e na Universidade do Noroeste, nos Estados Unidos. A partir de 1997 comezou a dar clase na Universidade de Salamanca e dende 2002 continua o seu labor docente na Universidade Pompeu Fabra e na Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid.

O seu labor investigador tense centrado na análise da opinión pública e dos medios de comunicación.

En xullo de 2018 foi elixido polo Congreso dos deputados como membro do consello de administración de RTVE[1].

Obra[editar | editar a fonte]

  • Movimientos sociales, debates sin mordaza: desobediencia civil y servicio militar (1970-1996), 1997.
  • Opinión pública y democracia deliberativa, 2000
  • Medios de comunicación, consumo informativo y actitudes políticas, (Centro de Investigaciones Sociológicas, 2000, con Ariel Jerez e Alejandro Baer
  • Televisión y urnas: Políticos, periodistas y publicitarios, 2000, con Ariel Jerez e Fernando Tucho
  • La pantalla de las identidades: Medios de comunicación, políticas y mercados de identidad, Icaria 2003, como editor.
  • Interculturalidad: Interpretar, gestionar y comunicar, 2003, con María del Mar Llera.
  • 13-M, Multitudes online, 2005.
  • Del 0,7 a la desobediencia civil: política e información del movimiento y las ONG de desarrollo (1994-2000), con Ariel Jerez e José López Rey.
  • Medios y elecciones 2004; Televisión y Urnas 2004: Campaña Electoral, 2008, dous volumes editados por V. Sampedro.
  • Cibercampaña. Cauces y diques para la participación. Las elecciones generales de 2008 y su proyección tecnopolítica, 2011, como editor.
  • El Cuarto Poder en red, 2014. Publicado en galego como O cuarto poder en rede (2015).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Podemos toma el control de RTVE con 5 consejeros conocidos por sus posiciones radicales de izquierda". El Español (en castelán). Consultado o 2018-07-05.