Väinö Voionmaa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Väinö Voionmaa
Väinö Voionmaa1.jpg
Nacemento12 de febreiro de 1869 e 1869
Lugar de nacementoJyväskylä
Falecemento24 de maio de 1947 e 1947
Lugar de falecementoHelsinqui
Soterradocemiterio de Hietaniemi
NacionalidadeFinlandia
Alma máterUniversidade de Helsinki
Ocupaciónpolítico, historiador e diplomático
PaiOlai Wallin
IrmánsEino Voionmaa e Emmi Voionmaa
editar datos en Wikidata ]
Väinö Voionmaa.

Kaarle Väinö Voionmaa (até 1906 Wallin), nado o 12 de febreiro do 1869 e finado en Jyväskylä o 24 de maio de 1947, foi un profesor finés, membro do parlamento de Finlandia, senador, ministro e chanceler. Tamén foi un dos políticos máis influentes durante os primeiros tempos da independente República de Finlandia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Voionmaa contribuíu a introducir perspectivas económicas e xeográficas nas escritas da hstoria finesas. Estudou os tempos do medievo e o xurdimento da sociedade industrial moderna.

Foi un dos senadores do senado de Tokoi senate en 1917 despois da declaración de independencia. Posteriormente sería ministro de Asuntos Exteriores no gabinete de Väinö Tanner (1926-1927). Foi tamén ministro de Comercio e Industria no terceiro gabinete de Aimo Kaarlo Cajander, e brevemente ministro de Asuntos Exteriores en 1938. Voionmaa foi tamén membro da delegación finesa na Liga de Nacións e en 1940 sería un dos asinantes do Tratado de paz de Moscova, que poñía fin á Guerra de Inverno entre Finlandia e a Unión Soviética.