Saltar ao contido

Uxía do Reino Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaA Súa Alteza Real Editar o valor en Wikidata
Uxía do Reino Unido

(2017) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Eugenie Victoria Helena of York
(en) Princess Eugenie, Mrs Jack Brooksbank Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Princess Eugenie Victoria Helena of York Editar o valor en Wikidata
23 de marzo de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Portland Hospital, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFrogmore Cottage (pt) Traducir (2020–)
Ivy Cottage (pt) Traducir (2018–)
Palácio de St. James (pt) Traducir (–2018) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Newcastle (Reino Unido) (pt) Traducir - literatura inglesa, estudo da historia da arte (2009–2012)
Marlborough College (pt) Traducir (2003–2008)
St George's School, Windsor Castle (en) Traducir (2001–2003)
Upton House School (en) Traducir (1993–1995) Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAbelanado Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmecenas (2016–), realizadora, directora artística Editar o valor en Wikidata
EmpregadorHauser & Wirth (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrincesa británica Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Windsor Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJack Brooksbank (2018–) Editar o valor en Wikidata
FillosAugust Brooksbank, Ernest Brooksbank Editar o valor en Wikidata
PaisAndré, duque de York Editar o valor en Wikidata  e Sarah, Duquesa de Iorque Editar o valor en Wikidata
IrmánsBeatriz de York Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
12 de outubro de 2018Casamento da Princesa Eugenie e Jack Brooksbank (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm3023707 Instagram: princesseugenie WikiTree: Windsor-239 Editar o valor en Wikidata

A princesa Uxía do Reino Unido (Eugenie Victoria Helena, nada en Londres, Reino Unido, o 23 de marzo de 1990 é un membro da Familia Real Británica é a cuarta neta da raíña Isabel II do Reino Unido. Ata o seu matrimonio o 12 de outubro de 2018 o seu tratamento era: princesa Uxía de York aínda que tivo que renunciar ao seu título territorial. A princesa Uxía é a novena na liña de sucesión ao trono británico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A princesa Uxía naceu no Hospital de Portland en Londres o 23 de marzo de 1990. O seu nome é en honor á raíña Vitoria Uxía de España, unha neta da raíña Vitoria. Ten unha irmá máis vella, a princesa Beatriz de York, dous anos máis vella.

Foi bautizada o 23 de decembro de 1990, sendo a primeira bebé real en ter un bautizo público.

Como neta da monarca británica na liña paterna, Uxía naceu como princesa do Reino Unido con tratamento de Alteza Real.

En 2002, tivo que someterse a unha operación da columna vertebral para corrixir unha escoliose que resultou exitosa.

Os seus pais separáronse en 1992 e divorciáronse en 1996. Ela non leva a cabo moitas funcións reais pero fai aparicións coa Familia Real en acontecementos importantes.

Asistiu a diversos colexios, entre eles o Marlborough College e graduouse na Universidade de Newcastle na carreira de Historia da arte.

Tras graduarse estivo un período de prácticas na prestixiosa casa de poxas Christie's e traballou para a firma Paddle8 en Nova York.

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

Compromiso

[editar | editar a fonte]

O 22 de xaneiro de 2018 foi anunciado o compromiso da princesa co banqueiro Jack Brooksbank tras sete anos de relación. En abril de 2018 e como anticipación á voda a parella mudouse ao palacio de Kensington.

Matrimonio

[editar | editar a fonte]

A voda tivo lugar o 12 de outubro de 2018 na Capela de San Xurxo. Despois da voda conserva o título de princesa aínda que tivo que renunciar ao seu título territorial, "de York" pasando a ser "A Súa Alteza Real a princesa Uxía, Sra. Brooksbank".