Uxía Rivas Monroy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaUxía Rivas Monroy
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (1994–) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 273185

María Uxía Rivas Monroy, nada en Vigo o 2 de novembro de 1958, é unha investigadora académica galega e profesora xubilada da facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesora titular no Departamento de lóxica e filosofía moral dende o ano 1994, mais vinculada ao ensino dende 1982. Contribuíu no pensamento filosófico coa súa labor docente, coa publicación de reflexións filosóficas e como responsable en diversas actividades da revista Ágora.

Na súa obra aborda os temas da semiótica, o pragmatismo e filosofía da linguaxe. Destaca a particularidade da súa visión, na que interrelaciona a semiótica e o pragmatismo de forma transversal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación en 1981 pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa orientación filosófica viuse influída polo profesor Luís Villegas Forero, cara a filosofía da linguaxe, quen posteriormente será o director da súa tese de doutoramento en 1992 co resultado dun traballo cum laude Sentido y pensamiento en G. Frege, guiado tamén da man de Tyler Burge.

Ao longo da súa traxectoria profesional desenvolve a súa actividade académica e investigadora no eido da filosofía analítica, especialmente no campo da semiótica, onde destaca a importancia dada ao pensamento de Frege, Pierce e Umberto Eco, entre outros.

Coordinou e dirixiu diversos programas de doutoramento, e cómpre tamén destacar a súa vinculación ao papel da muller, tanto nas súas publicacións coma nos proxectos de investigación nos que participou.

A súa participación na elaboración da revista Ágora, Papeles de Filosofía foi practicamente constante dende o ano 1986 onde traballou como encargada de administración e difusión, membro do consello de redacción, e secretaria da revista en diferentes momentos.

No 2015 foi galardoada cos XVIII Premios Nacionais de Edición Universitaria, na categoría de premio á mellor tradución, pola obra Semiótica. Textos selectos. Charles Sanders Peirce[1].

Obra[editar | editar a fonte]

Destaca a reflexión que fai sobre as interconexións entre filosofía analítica e pragmatismo, e entre semiótica e filosofía analítica[2] que se recollen na súa obra; áreas ata o momento pouco desenvolvidas.

O campo da filosofía da linguaxe implica reflexións acerca de como esta funciona e de como podemos comprender mellor o seu funcionamento. Por isto, esta é unha disciplina que vincula a ontoloxía, a teoría do coñecemento e o propio coñecemento lingüístico, é dicir, o coñecemento de como funciona unha lingua.

As linguas son un mecanismo de comunicación e a filosofía da linguaxe investiga como se pode explicar ese funcionamento de poder falar en ausencia das cousas a través do vehículo que é a linguaxe. Dende o punto de vista filosófico é importante porque implica deseñar un marco teórico ontolóxico sobre o que traballar. María Uxía Rivas, como coñecedora da semántica de Frege e o pensamento de C. S. Pierce, soubo ver máis aló dos cercos disciplinarios da filosofía analítica e o pragmatismo e atopa similitudes nas teorías de ambos autores. No seu artigo Epistemology and Ontology in Frege and Peirce: On Thoughts and Generals publicado na revista Cognitio, aborda o tema das entidades abstractas. É unha reflexión innovadora porque ve as relacións entre ambos autores e estuda os marcos ontolóxicos que hai detrás de cada un deles para facer ver que a ese elemento abstracto co cal categorizamos e conceptualizamos, un autor lle dá a categoría de entidade e o outro non. O xeito de aproximarse ao problema é diferente, pero ambos teñen a necesidade desa abstracción. En Frege fálase de pensamento mentres que en Pierce non é tan doado categorizalo, e fálase de universal. No escrito ilústrase que ambas teorías comparten o interese pola conceptualización, pero a maneira na que tratan de situala dentro do seu sistema leva a un á necesidade de falar de entidade, mentres que o outro non o precisa.[Cómpre referencia]

A amplitude do seu campo de traballo recóllese en varios libros e decenas de publicacións:


  • Aspectos semánticos de Frege - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 5, pp. 201-212, 1986
  • La interpretación de Frege: un asunto polémico - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 6, pp. 161-168, 1988
  • La noción fregeana de sentido: ¿Semántica, epistemología u ontología? - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 9, pp. 83-95, 1990
  • El contexto como dimensión problemática para la aplicación de la semántica fregeana a los lenguajes naturales - Actas del Encuentro de Lógica y Filosofía de la Ciencia “En memoria de R. Carnap y H. Reichenbach”,pp. 147-153, 1991
  • O cómic: linguaxe e sociedade - Reflexións filosóficas, pp. 22-29, 1992
  • Los indiciales: Punto de encuentro de la semántica y la pragmática - Semántica y lenguajes especializados, pp. 37-46, 1992
  • Lógica y psicología: Los opuestos irreconciliables en el pensamiento de G. Frege - Actas del VIII Congreso Lenguajes naturales y lenguajes formales, pp. 523-530, 1992
  • Del pensamiento puro y eterno al ‘yo estoy aquí aho­ra’ - Actas del I Congreso de la Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, pp. 224-22, 1993
  • El antirrealismo semántico de M. Dummett - Actas del IX Congreso Lenguajes naturales y lenguajes formales, pp. 415-422, 1993
  • Lógica y contexto en el análisis fregeano del lenguaje natural - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 12-II, pp. 79-95, 1993
  • El significado disgregado - Ed. Novo Século, Iria Flavia, Padrón, pp. 146, 1994
  • T. Burge About Frege: Sense, Linguistic Meaning and Vagueness - Ruch Filozoficzny, vol. LI, nº 3-4, pp. 278-284, 1994
  • Retórica y pragmática: Un acercamiento desde las nociones de interpretante e intérprete - Actas del I Encuentro Interdisciplinar sobre Retórica y Texto, Tomo II, pp.105-108, 1994
  • C. S. Peirce e G. Frege: A simplicidade da tríada - Actas del V Congreso Internacional de la Asociación Española de Semiótica: Semiótica y Modernidad, vol. I, pp. 217-224, 1994
  • El signo y el sentido de la realidad - Verdad: Lógica, representación y mundo, pp. 421-430, 1996
  • La vuelta a los orígenes: E. Husserl y G. Frege. Panorámica general en torno a la relación entre Fenomenología y Filosofía Analítica - Investigaciones fenomenológicas, nº 1, pp. 99-118, 1996
  • Nombres propios: Realidad y mundos posibles - Actas del VI Congreso Internacional de la Asociación Española de Semiótica. Investigaciones Semióticas, vol.VI, pp.1319-1326, 1996
  • Frege y Peirce: En torno al signo y su fundamento - Anuario Filosófico, vol. 29, pp.1211-1224, 1996
  • Las bases del realismo semántico en G. Frege y C. S. Peirce - Actas del II Congreso de la Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, pp.48-52, 1997
  • La realidad semiotizada: Los objetos como signos - Actas del VII Congreso Internacional de la Asociación Española de Semiótica: Mitos, pp. 494-498, 1998
  • La problemática del referente en la semiótica de U. Eco - Quaderns de filosofia i ciencia, pp. 35-42, 1998
  • Introduction - Truth in perspective, pp. xi-xxvii, 1998
  • Verdad, realidad y ciencia en C.S. Peirce - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 17-II, pp. 79-94, 1998
  • La filosofía analítica y la tradición analítica: Un siglo a vueltas con el significado - Actas del Congreso Internacional La filosofía analítica en el cambio de milenio/ The Analytic Philosophy at the Turn of the Millennium, pp. 535-546, 1999
  • Proper Names: One Century of Discussion - Logica Trianguli, vol. 3, pp. 119-138, 1999
  • El realismo interno de Putnam y sus afinidades con el pragmatismo americano - Actas del III Congreso Internacional de la Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, pp. 185-193, 2000
  • La semiosis: Un modelo dinámico y formal de análisis del signo - Razón y palabra, nº 21, pp. , 2001
  • Sobre la orientación pragmatista y el empirismo sin dogmas en las teorías científicas - Actas del Congreso Teorías Formales y Teorías Empíricas, pp. 99-114, 2001
  • An Introduction to Fregean Semantics - Logica Trianguli, pp. 73-88, 2001
  • Cultura científica y cultura humanista: Cómo el Pragmatismo supera la escisión - Actas del Congreso La Ciencia ante el público: Cultura humanista y cultura científica, pp. 173-187, 2003
  • Signo, mediación y realidad: Una lectura de G. Frege y C.S. Peirce - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 21-II, pp. 49-72, 2003
  • Globalización y nuevas tecnologías: el medio, el mensaje y el masaje - Actas del X Congreso de la Asociación Española de Semiótica: Arte y nuevas tecnologías, pp. 958-967, 2004
  • Lógica y matemáticas en C.S. Peirce: la importancia del pensamiento diagramático - Actas del IV Congreso Internacional de la Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, pp. 218-221, 2004
  • Recensión del libro de Antonio Blanco Salgueiro, Palabras al viento. Ensayo sobre la fuerza ilocucionaria, Trotta: Madrid, 2004 - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 23-II, (2004), pp. 261-265, 2005
  • Pragmatismo y filosofía del lenguaje: de la falacia racionalista a la falacia de la división - Ontology Studies / Cuadernos de Ontología, nº 5-6, pp. 161-168, 2006
  • Recensión del libro de Juan Vázquez Sánchez, Mente y mundo. Aproximación neurológica, Akal: Madrid, 2007 - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 25-I, (2006), pp. 231-234, 2007
  • The Pragmatic Realism of Hilary Putnam - Following Putnam’s Trail: On Realism and Other Issues, Rodopi: Amsterdam, pp. 223-242, 2008
  • Recensión del libro de Jaime Nubiola y Fernando Zalamea, Peirce y el mundo hispánico. Lo que C.S. Peirce dijo sobre España y lo que el mundo hispánico ha dicho sobre Peirce, EUNSA: Pamplona, 2006 - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 26-II, (2007), pp. 183-186, 2008
  • Signo y representación: cuando lo virtual es real - Ontology Studies / Cuadernos de Ontología, nº 8, pp. 251-261, 2008
  • Lógica, pragmática y pragmatismo: El análisis de las actitudes cognitivas en C.S. Peirce - Actas del VI Congreso Internacional de la Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, pp. 233-237, 2009
  • Abstract Entities and Ontology in G. Frege and C.S. Peirce: Thoughts and Generals - Cognitio. Revista de filosofía, vol. 11, nº 1, pp. 139-161, 2010
  • Entradas: Pragmática, semántica, significante/significado - Compendio de Lógica, Argumentación y retórica, Luis Vega Reñón y Paula Olmos Gómez (eds.), Madrid: Trotta, pp. 473-478, 532-537, 547-550, 2011
  • Mundos posibles, situacións contrafácticas, experimentos mentais: A relevancia da ‘mentira’ na Filosofía Analítica - Actas da XVIII Semana Galega de Filosofía, pp. 90-93, 2011
  • Linguaxe, acción e cognición: unha perspectiva semiótica e pragmática das actitudes cognitivas - Aspectos do Juízo/Aspects of Judgement, Sofía Miguens, João Alberto Pinto e Manuela Teles (coord.), Porto: Universidade do Porto, pp. 179-195, 2011
  • A Philosophical Reflection on Language: Is Ontology Needed in Semantics? - Philosophical and Formal Approaches to Linguistic Analysis, Piotr Stalmaszczyk (ed.), Frankfurt: Ontos Verlag, pp. 457-475, 2012
  • Juicio, aserción y creencia en C.S.Peirce: de la semiótica al pragmatismo - International Association for Semiotic Studies. World Congress (10th.), 2009. A Coruña: Universidade da Coruña 2012, pp. 1349-1358
  • Creencia, conocimiento y verdad: El enfoque lógico-semántico de Frege y Russell y el pragmatista de Peirce y James - Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, 2012, pp. 280-286
  • Prólogo y selección de textos del libro Charles Sanders Peirce. Semiótica. Textos selectos - Charles Sanders Peirce. Semiótica. Textos selectos, Universidade de Santiago de Compostela y Fundación BBVA: Santiago de Compostela, 2014. XVIII Premio Nacional de Edición Universitaria a la mejor traducción (2015)
  • Recensión del libro de Juan Vázquez Sánchez, La arquitectura cognitiva de la percepción, Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela: Santiago de Compostela, 2013. - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 34-I, (2015), pp. 252-255, 2015
  • La indispensabilidad explicativa: ¿una buena razón para creer en los pensamientos? fregeanos? - Actas del VIII Congreso Internacional de la Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, 2015, pp. 398-402
  • Recensión del libro de Luís García Soto, Barthes filósofo, Galaxia: Vigo, 2015. - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 35-I, (2016), pp. 243-248, 2016
  • Recensión del libro de Luis Fernández Moreno, The Reference of Natural Kind Terms, Peter Lang Edition: Frankfurt am Main, 2016. - Teorema, vol. 37-I, (2018), pp. 131-135, 2018
  • O signo: Lugar de encontro da Semiótica e da Filosofía Analítica. Diferenzas e consecuencias dos modelos de análise diádico e triádico do signo - Ágora. Papeles de filosofía, vol. 39-I, (2020), pp. 1-27, 2020

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dos obras de la USC reciben los XVIII Premios Nacionales de Edición Universitaria 11 de setembro do 2019, EL Correo Gallego.
  2. C. S. Peirce e G. Frege: A simplicidade da tríada - Actas del V Congreso Internacional de la Asociación Española de Semiótica: Semiótica y Modernidad, vol. I, pp. 217-224, 1994