Uwajima (宇和島市, うわじまし, Uwajima-shi) é un concello xaponés da prefectura de Ehime. Está situado ao sur da prefectura e ao oeste da rexión de Shikoku, na illa do mesmo nome. Ten 469,53km² de superficie, unha poboación de 85.435 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 182 hab./km².