Cóntase a 5ª ligazón. Se é vermella, créase ese novo artigo. Por cada artigo creado son 3 puntos. E pásase ao punto 4).
Se a 5ª ligazón é azul, faise unha modificación no artigo, clícase na ligazón e localízase no artigo de destino a 10ª ligazón. Para poder seguir xogando hai que facer unha corrección ou ampliación ao artigo onde estamos (1 punto) e só despois ábrese a ligazón seleccionada (que agora ao mellor xa non é a 10, senón a 11 ou a 9), co que se pasa ao punto 5).
Vólvese tirar aleatoriamente, pero no resultado cóntase a ligazón 10ª e vólvese mirar se é vermella (punto 2) ou azul (punto 3).
E así, cada vez que se cambia de artigo cóntanse 5 ligazóns máis (15, 20, 25...)
Acaba o xogo cando chegamos a un artigo que non ten tantas ligazóns como necesitamos. Fánselle as correccións necesarias e súmanse os puntos.