Completamente a prol deste proxecto, espero aprender a medida que vemos chegar isto o máis lonxe posible. Por unha base de datos útil e seria na nosa lingua nai. Polos artigos que lerei nun futuro, grazas ós que xa participades nela.
Non son tan activo como quixera pero creo que a Galipedia debería facer poucos artigos e moi bos para ter un oco entre outras wikipedias. Convertirse en especialista en certos sectores sería o mellor no meu punto de vista. Bos artigos e non moitos. Un saúdo.