Conversa usuario:Wargolth

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Wargolth!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 16:59, 13 xullo 2008 (UTC).

Arranxos en Lei Marcial[editar a fonte]

Boa noite, Wargolth. Tes moita razón. Foi un fallo meu. Está de máis a corrección que fixen de ao/ó. Ao respecto do alomorfo -lo, o mesmiño. O resto, coido que está ben. Recupérao cando queiras, pois retomando a túa pregunta, a política que se sigue na Galipedia é a de respectar a opción do primeiro editor para cousiñas como até/ata, os alomorfos, a prep.+artigo ou Galiza/Galicia. Corríxese non obstante todo aquilo que estea mal escrito ou que non sexa galego normativo. Iso é, grosso modo, o xeito en que se vén facendo. Desculpa outra vez pola miña corrección apresurada. Un saúdo e noraboa por te teres incorporado a este proxecto; xa vas ver que é ben interesante e ten unha potencialidade coma poucas cousas na nosa lingua. Aburiño.--Atobar (conversa comigo) 21:31, 6 xuño 2009 (UTC)