Saltar ao contido

Dungeons & Dragons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dungeons & Dragons (xogo de rol)»)

Dungeons & Dragons
 Título
Dungeons & Dragons
מבוכים ודרקונים Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Epónimo
 Xénero
 Lingua
Autoría
 Autor/a
 Ilustrador/a
 Desenvolvedor/a
Temática
 Inspirado en
Blackmoor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Universo ficticio
Publicación
 Editorial
Datas
 Data de publicación
xaneiro de 1974 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
VIAF182334673 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/026q9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Facebook: dungeonsanddragons Twitter: Wizards_DnD Instagram: dndwizards Youtube: UCi-PULMg2eD_v5AO0PlW4sg Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Dungeons & Dragons (abreviado coma D&D ou DnD, en galego Alxubes e Dragóns) é un xogo de rol de fantasía (RPG - do inglés Role Playing Game) orixinalmente deseñado por E. Gary Gygax e Dave Arneson, e publicado por vez primeira en 1974 por Tactical Studies Rules, Inc. (TSR). A editorial que edita actualmente é Wizards of the Coast, unha filial de Hasbro.

Visión xeral do xogo

[editar | editar a fonte]

Dungeons & Dragons é un xogo ambientado na época Medieval europea. Os factores principais do xogo son os combates, as aventuras e as intrigas levadas a cabo a través do sistema normal de todo xogo de rol. Para iso emprega o sistema D20, un sistema de dados creado arredor do dado de 20 caras que é o máis empregado no xogo. Mediante tiradas dun dado de vinte caras (referido coma D20 en termos de xogos de rol), determínanse a maioría dos éxitos ou fracasos que un personaxe queira levar a cabo.

As influencias do xogo son escasas ou moi difusas dado que este é o primeiro xogo de rol de grande éxito. O contexto e o principio do xogo foron evolucionando a medida que as edicións saían á luz, pero as orixes proveñen seguramente da literatura existente antes da publicación do primeiro libro. O contexto do xogo recolle moitos mundos ideados anteriormente, principalmente polas razas de elfos, ananos, orcos, trasnos etc. concibidas ou recollidas da mitoloxía de diversos países como xa fixera J. R. R. Tolkien, coa súa saga de O señor dos aneis.

Xogo de dados do xogo de rol Dungeons & Dragons, da esquerda á dereita: un d4, d6, d8, d12, d20, d10 (marcado coa unidade de 0 a 9) e d% (marcado coas decenas 0, 10, 20 até 90)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]