Saltar ao contido

Ursus americanus floridanus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ursus americanus floridanus
 Nome taxon
    Ursus americanus floridanus
Clinton Hart Merriam 1896 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeCarnivora
FamiliaUrsidae
XéneroUrsus
EspecieUrsus americanus
SubespecieUrsus americanus floridanus Editar o valor en Wikidata
Merriam, 1896 Ursus americanus floridanus Editar o valor en Wikidata
Localización
 Endémico en
Códigos e identificadores
Freebase/m/0b73thn Editar o valor en Wikidata
ITIS726978 Editar o valor en Wikidata
CoL5LPWD Editar o valor en Wikidata
EOL1265750 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Ursus americanus floridanus é unha subespecie do oso negro americano, xeralmente chamada oso negro de Florida, que historicamente vivía nos Estados Unidos na maior parte de Florida e partes sur de Alabama, Xeorxia e Mississippi, aínda que agora vive principalmente en zonas protexidas. Viven en áreas forestais e están sufrindo pola redución do seu hábitat.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Teñen un corpo grande con pelame negro brillante, un fociño marrón claro e un rabo curto e groso.[1] Tamén é común que teñan unha mancha branca no peito.[2] Actualmente é o mamífero terrestre máis grande de Florida, cun peso medio de 140 kg e algúns exemplares que chegan aos 230 kg.[1][2][3] As femias xeralmente pesan menos.[2] Un adulto medio mide entre 120 e 180 cm de lonxitude, e ten unha altura ata a cruz entre 76 e 110 cm.[2]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Son animais principalmente solitarios, excepto cando se xuntan en grupos ou en parellas durante a estación de apareamento.[4] Aínda que son animais solitarios, en xeral, a maioría non son territoriais, e normalmente non defenden a súa área doutros osos.[4] Os osos negros teñen unha boa vista, oído agudo e excelente olfacto .[4] Autorregulan as poboacións segundo as calorías dispoñibles para comer. Unha vez que se produce a fecundación, o cigoto multiplícase ata chegar ao estado de blástula, a cal deixa de crecer ata o inverno, e despois, durante o período de hiperfaxia, se a nai comeu suficientes calorías, a blástula empeza a crecer de novo. Nalgúns casos, se a nai ten acceso a moita comida orixínanse varios xemelgos. Este atraso no crecemento do embrión denomínase diapausa embrionaria.[5]

Vive principalmente en hábitats forestais, e son comúns en zonas arbustivas con Pinus clausa, bosques mixtos do sueste de Florida e zonas húmidas.[6] É a única subespecie de osos que vive na rexión subtropical.[2] En menor extensión habita en praderías secas e bosques tropicais.[2]

Área de distribución

[editar | editar a fonte]

Antes de que Florida fose colonizada polos europeos, este oso ocupaba toda Florida, incluíndo moitas das illas ou caios.[7] A área actual é moito máis esporádica con grupos illados que viven principalmente en áreas protexidas de Florida, e no sur dos estados de Alabama, Xeorxia e Mississippi.[1][2] As áreas protexidas onde viven as maiores poboacións son o Bosque Nacional Ocala, a Reserva Nacional do Gran Ciprés, o Parque Naciona dos Everglades, o Bosque Nacional Apalachicola, o Bosque Nacional Osceola e o Refuxio Nacional de Vida ilvestre de Okefenokee.[6][7] Un estudo da poboación de Okefenokee-Osceola atopou 500 osos nas áreas estudadas. A poboación actual en Florida estímase en máis de 4 000 osos.[8][9]

Son omnívoros cunha dieta que varía moito coas estacións, principalmente porque moitas das súas especies preferidas para comer de flora e fauna son estacionais. En primavera come principalmente as plantas Sabal palmetto, Thalia geniculata, e Sus scrofa (porco bravo), Bombus bimaculatus (heminópteros) e especies de Camponotus (formigas). No verán come principalmente as plantas Serenoa repens, Ilex glabra, Rubus, Phytolacca rigida, Vaccinium, as formigas Camponotus e o fasmatodeo Anisomorpha buprestoides. En outono, come as plantas Serenoa repens, Ilex glabra, Nyssa biflora, e os heminópteros Vespula e Apis mellifera e tamén Dasypus novemcinctus (armadillo) [10]

Conservación

[editar | editar a fonte]
Oso negro morto nun accidente de tráfico nunha estrada de Florida.

A perda de hábitats está afectando moito ás poboacións do oso negro de Florida. Cada hora pérdense case 81 000 m2.[6] Os osos son feridos ou matados en accidentes de tráfico (desde 1976 houbo máis de 1 356 casos documentados de mortes) en Florida.[6] Os accidentes son a súa principal causa de morte en Florida (89,5% dos osos mortos) desde 1994.[6][11] En Florida estaba prohibida a súa caza desde 1994,[6] mais isto foi despois revisado.

Revisión do seu status

[editar | editar a fonte]

En 2012 a Comisión de Vida Silvestre e Pesca de Florida (FWC) quitou a esta subespecie da súa lista de especies ameazadas baseándose no seu tamaño de poboación segundo datos non actualizados desde 2002, a pesar da preocupación expresada por algúns biólogos pola perda de diversidade xenética e endogamia.[12] Pero seguía sendo ilegal "danar ou matar a un oso neste estado, ou posuír ou vender partes do oso." [13]

En 2015 a FWC aprobou a caza deste oso[14] a pesar da oposición pública.[15][16] Porén, en 2016, votouse adiar para o futuro a decisión de renovar o permiso para cazalo. Tomáronse medidas para reducir a interacción entre humanos e osos e utilizar cubos do lixo resistentes aos osos.[17][18][19]

En 2016 varios grupos conservacionistas de Florida solicitaron ao Departamento do Interior dos Estados Unidos que o oso negro de Florida fose incluído na lista federal da Lei de Especies en Perigo norteamericana.[20]

  1. 1 2 3 "Florida Black Bear Fact Sheet" (PDF). U.S. Forest Service. August 2009. Consultado o 13 de febreiro de 2010.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 Scott, Chris (2004). Endangered and Threatened Animals of Florida and Their Habitats. University of Texas. Press. ISBN 0-292-70529-8.
  3. Anthony, H. E. (2005). Field Book of North American Mammals. Kessinger Publishing. ISBN 1-4179-8949-1.
  4. 1 2 3 "Behavior & Senses". Florida Fish and Wildlife Conservation Commission. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
  5. "The Physiology and Evolution of Delayed Implantation in Carnivores". Carnivore Behavior, Ecology, and Evolution.
  6. 1 2 3 4 5 6 "Florida Black Bear Background and Recovery". Defenders of Wildlife. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2010. Consultado o 14 de febreiro de 2010.
  7. 1 2 "Black Bear Distribution Map". Florida Fish and Wildlife Conservation Commission. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 14 de febreiro de 2010.
  8. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de decembro de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2017.
  9. "FWC Approves Black Bear Plan to Conserve Florida’s Largest Land Mammal". Florida Fish and Wildlife Conservation Commission. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2017. Consultado o 7 July 2012.
  10. Maehr, David S.; Brady, James R. (1984-01-01). "Food Habits of Florida Black Bears". The Journal of Wildlife Management 48 (1): 230–235. JSTOR 3808478. doi:10.2307/3808478.
  11. "Bears and Roads". Florida Fish and Wildlife Conservation Commission. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 14 de febreiro de 2010.
  12. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xaneiro de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2017.
  13. "FWC approves black bear plan to conserve Florida’s largest land mammal". Florida Sportsman Newswire. July 3, 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 5 April 2016.
  14. http://www.bearstudy.org/website/updates/daily-updates/2805-bears-update-august-3-2015.html
  15. Etters, Karl (26 October 2015). "295 bears killed as Florida hunt ends". Tallahassee Democrat. Consultado o 7 November 2015.
  16. "2015 Florida Black Bear Hunt Summary Report" (PDF). Florida Fish and Wildlife Conservation Commission. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2016. Consultado o 14 September 2016.
  17. "3 bears wrestle on pool deck. Naples, FL". YouTube. 2015-04-14. Consultado o 2015-10-29.
  18. "Living with Black Bears". Myfwc.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2016. Consultado o 2015-10-29.
  19. "3 black bear cubs react to motion activated alarm.". YouTube. Consultado o 2015-10-29.
  20. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2017. Consultado o 14 de agosto de 2017.