Universidade de Burgos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Universidad de Burgos")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Universidad de Burgos
Universidad de burgos - Entrance of the school of law.jpg
Hospital del Rey
Datos xerais
Localización42°20′28″N 3°43′42″O / 42.34111, -3.72833
Fundación27 de maio de 1994 (25 anos) [1]
Datos actuais
ReitorManuel Pérez Mateos [2]
Alumnos7660 [2]
Datos de contacto
EnderezoHospital del Rey s/n,
09001 Burgos
Páxina webwww.ubu.es

A Universidade de Burgos, creada en 1994, é a universidade pública da cidade española de Burgos.

A pesar da súa recente creación, en 2012 colocouse á cabeza en investigación dentro de Castela e León.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

A Universidade foi creada como tal no ano 1994, como escisión da Universidade de Valladolid, a partir do campus que esta tiña na cidade de Burgos. Desde entón, foi crecendo organicamente e desenvolvéndose en novos campos do coñecemento.

Nun primeiro momento foi rexida por unha comisión xestora, presidida polo catedrático de Valladolid Marcos Sancristán Represa até 1997. O seu primeiro reitor foi o catedrático José María Leal Villalba, desde 1997 ao 2008. O seu sucesor foi o catedrático Alfonso Murillo Villar que ao cumprir o máximo de mandato foi substituído en 2016 polo catedrático Manuel Pérez Mateos.

En 2013 a UBU comezou a impartir os graos de Lingua e Literatura, de Enxeñaría Informática, de Ciencia Política e de Xestión Pública, Historia e Patrimonio e Turismo en liña.[4][5] En 2014, obtivo a avaliación favorable para ser campus de excelencia internacional.[6]

Hospital do Rei.

Instalacións[editar | editar a fonte]

Hospital da Concepción.

Situación[editar | editar a fonte]

Complexo residencial Miguel Delibes.

As instalacións da Universidade de Burgos sitúanse en dous campus:

Campus UBU.svg
  • San Amaro / Hospital do Rei: Situado ao oeste da cidade de Burgos, na antiga saída da cidade que compartían a estrada cara a Portugal (N-620) e a estrada cara a Vigo (N-120). Nel atópanse o reitorado, os servizos centrais, a biblioteca, o polideportivo, o comedor e a residencia universitaria Camiño de Santiago, así como as facultades de Ciencias, de Ciencias Económicas e Empresariais, de Dereito, de Educación, de Humanidades e Comunicación, de Ciencias da Saúde e o edificio «A Milanera» da Escola Politécnica Superior.
  • Río Vena / Vigón: Situado ao norte da cidade na saída cara a Cantabria N-623 (Av. Cantabria, anteriormente Av. do Xeneral Vigón), no Polígono Docente. Era a sede orixinal da Escola Politécnica Superior, anteriormente Escola Universitaria Politécnica de Burgos dependente da Universidade de Valladolid e embrión da universidade actual. No pasado tamén se localizaban outros centros como a Escola Universitaria de Estudos Empresariais e a Escola Universitaria de Maxisterio.
  • Outras instalacións: o Hospital da Concepción e o complexo residencial e docente de Miguel Delibes en Sedano.
Facultade de Educación.

Centros[editar | editar a fonte]

Escola Politécnica Superior, Edif. La Milanera.
Facultade de Ciencias.
Facultade de Empresariais.
Residencia Universitaria.

A Universidade de Burgos desenvolve as súas funcións en distintos centros, sete deles son centros propios para a formación de grao e máster, un oitavo é de terceiro ciclo e outro é un centro adscrito:

Facultade de
  • Ciencias
  • Ciencias Económicas e Empresariais
  • Ciencias da Saúde
  • Dereito
  • Educación
  • Humanidades e Comunicación
Escola
  • Politécnica Superior
  • de Doutoramento
  • Universitaria de Relacións Laborais (centro adscrito)

Ademais, a Universidade dispón dun centro de Investigación e Desenvolvemento e de tres institutos:

  • Centro I+D+i situado no Parque científico tecnolóxico
  • Instituto de Administración Pública
  • Instituto Universitario de Restauración
  • Instituto de Formación e Innovación Educativa
  • Complexo Residencial «Miguel Delibes» (Sedano)

Hospital do Rei[editar | editar a fonte]

O Hospital do Rei foi fundado por Afonso VIII de Castela en 1195, xunto ao Camiño Francés ao seu paso por Burgos.

Dependente do Mosteiro de las Huelgas constituía un gran centro de acollida de peregrinos.

Xunto á súa entrada, atópase a ermida de San Amaro e o cemiterio onde se enterraba aos peregrinos que morrían.

Recentemente realizouse unha restauración e retiráronse os exvotos que cubrían as paredes da ermida.

O Hospital do Rei é un conxunto renacentista, que conserva algúns restos do primitivo hospital medieval (os alicerces da antiga igrexa).

A entrada faise a través da Porta dos Romeus, que é o símbolo da Universidade. Trátase dun arco decorado por ambos os lados, no que se atopan referencias xacobeas, así como as efixies dos fundadores (Alfonso VIII e a raíña Leonor).

Accédese ao Patio dos Romeus, delimitado pola igrexa do Hospital, da que destaca a súa entrada e a súa porta; o interior do templo é de estilo barroco.

O atrio da igrexa dá paso á Aula Magna da Facultade, utilizada para os actos solemnes.

A Casa del Fuero Viejo acolle a gran Aula Romeros.

Pola súa banda, na Casa dos Sancristáns atópase o Decanato da Facultade de Dereito e o acceso á cafetaría.

Traspasada a Casa dos Sancristáns, chégase ao Patio de Comendadores, onde se atopa o edificio do Reitorado, que destaca pola súa fachada con celosías de madeira. Outros lugares de interese son a Sala de Lectura e o Edificio Departamental.

Os restos foron restaurados e cedidos para acoller as dependencias da universidade a finais dos anos oitenta.

Esa restauración foi galardoada co Premio Europa Nostra.

Máis adiante, restaurouse a Porta dos Romeros, sacando á luz todo o seu esplendor. No Hospital do Rei atópanse o Reitorado e a Facultade de Dereito.

Na contorna axardinada atópase o Taboleiro de Xadrez onde no verán organízanse actividades musicais coincidentes cos Cursos de Verán da universidade.

Doutores Honoris Causa[editar | editar a fonte]

Data de
nomeamento
investidura Doutor honoris causa[7] Profesión
06/03/1998 Rafael Frühbeck de Burgos Músico burgalés. Director de orquestra
06/03/1998 José Vela Zanetti Pintor burgalés
10/05/2001 Michele Forina Químico
10/05/2001 Fernando Tejerina García Reitor da Univ. de Valladolid durante a creación da UBU
20/04/2007 Antonio María Rouco Varela Cardeal Arcebispo de Madrid
20/04/2007 Emiliano Aguirre Enríquez Paleontólogo. Primeiro director dos xacementos de Atapuerca (1978-1990)
17/12/2009 30/04/2010 Juan Luís Arsuaga Ferreras Codirector dos xacementos de Atapuerca (1991-)
17/12/2009 30/04/2010 José María Bermúdez de Castro Codirector dos xacementos de Atapuerca (1991-)
17/12/2009 30/04/2010 Eudald Carbonell i Roura Codirector dos xacementos de Atapuerca (1991-)
17/12/2009 17/09/2010 Geoffrey Parker Historiador e hispanista
1/03/2013 Félix Rodríguez de la Fuente Naturalista e divulgador burgalés (investido in memorian)
23/05/2013 Umberto Eco Escritor
16/07/2013 25/10/2013 José Antolín Toledano Industrial [8]
15/06/2015 Luis Rojas-Marcos Psiquiatra, investigador e profesor
15/09/2015 [9] por determinar Mario Vargas Llosa Escritor
15/09/2015 [9] por determinar Iñaki Gabilondo Xornalista

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]