Con todo, moitos dos seus dirixentes foron retornando ás filas do PP, e nas eleccións do 2003, non conseguiu representación autonómica na Xunta Xeral do Principado e reduciu a súa representación municipal a 29 concelleiros.
URAS formalizou unha coalición co Partíu Asturianista para as eleccións locais e autonómicas de 2007, baixo o nome de Unión Asturianista. A presidencia da coalición sería rotativa, comezando por Sergio Marqués. Nas eleccións locais, a coalición obtivo 11.527 votos (1,95%) e 11 concelleiros. Nas autonómicas 13.338 votos (2,2%), sen conseguir ningún escano, faltándolle 2.736 votos para alcanzalo na circunscrición central de Asturias.
En novembro de 2007 Sergio Marqués anunciou a súa retirada da presidencia do partido e nun congreso ordinario Javier López Alonso (até entón vicesecretario da Circunscrición Central e presidente local de Siero) foi elixido presidente.