Saltar ao contido

Un peixe chamado Wanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un peixe chamado Wanda
 Título
    A Fish Called Wanda (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Escenógrafo/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
20 de xaneiro de 1989 (Suíza)
14 de outubro de 1988 (Reino Unido)
7 de xullo de 1988 (Nova York)
28 de outubro de 1988 (Irlanda)
18 de xaneiro de 1989 (Francia)
15 de xullo de 1988 (Canadá, Estados Unidos de América)
26 de xaneiro de 1989 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
 Premios e distincións
Óscar ó mellor actor secundario (29 de marzo de 1989) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (15 de febreiro de 1989)
Óscar ó mellor director (15 de febreiro de 1989)
Óscar ó mellor guión orixinal (15 de febreiro de 1989) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Custo
   7.500.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
188.600.000 $
62.493.712 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   108 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF316752240 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-3C4D-0000-Z-0000-0000-6 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01sxly Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
80/100 Metacritic (15 de xaneiro de 2026)
96% Rotten Tomatoes (15 de xaneiro de 2026)
8.1/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0095159 Filmaffinity: 874990 Allocine: 4413 Rottentomatoes: m/a_fish_called_wanda Mojo: fishcalledwanda Allmovie: v17540 TCM: 18086 Metacritic: movie/a-fish-called-wanda TV.com: movies/a-fish-called-wanda BNE: XX4211454 Netlix: 506538 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Un peixe chamado Wanda (en inglés: A Fish Called Wanda) é un filme de comedia e atracos de 1988 dirixido por Charles Crichton e escrito por John Cleese. Os protagonistas son Jamie Lee Curtis, Kevin Kline e Michael Palin como unha banda de ladróns de diamantes que se traizoan uns aos outros para atopar os diamantes agachados polo xefe da banda. Un avogado (Cleese) convértese na figura central cando a femme fatale Wanda (Curtis) o emprega para localizar o botín. Foi o último filme de Crichton.

A coprodución británico-estadounidense foi estreada con boas críticas e foi candidata a tres premios Óscar, incluído o de mellor dirección. Ademais, Kline gañou o Óscar ao mellor actor secundario. Cleese e Palin gañaron os premios da BAFTA ao mellor actor e mellor actor secundario, e Curtis foi tamén candidata.[1] O British Film Institute nomeou o filme como o 39.º mellor filme británico do século XX.[2]

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 4 de decembro de 2000.[3]

Argumento

[editar | editar a fonte]

O gánster George Thomason e a súa man dereita, Ken Pile, tatexo e amante dos animais, planean roubar unha xoiaría. Para iso levan a Londres a dous estadounidenses, a estafadora Wanda Gershwitz e o experto en armas Otto West, estúpido e malvado anglófobo. Wanda e Otto son amantes, mais ocultan isto a George e Ken, facéndose pasar por irmáns para que Wanda poida empregar os seus encantos neles. O roubo ten éxito e a banda escapa cunha gran cantidade en diamantes. Esconden o botín nun vello almacén, mais ao pouco, Wanda e Otto traizoan a George e este é arrestado. Volven ao almacén e Wanda pensa en traizoar tamén a Otto, mais descobren que George sacou os diamantes.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

O elenco principal reuniuse en 1997 para Fierce Creatures (considerada por Kline unha "igual", máis que unha secuela ou precuela) interpretando papeis diferentese. Porén, Fierce Creatures non foi tan ben recibida polo público nin pola crítica como Un peixe chamado Wanda.[4]

  1. McCall, Douglas. "Monty Python: A Chronology, 1969-2012, 2d ed." Google Books. 21 de xullo de 2014.
  2. British Film Institute - Top 100 British Films (1999). Consultado o 27 de agosto de 2016
  3. Programación de televisión
  4. "Fierce Creatures". Rotten Tomatoes. Consultado o 21 de xullo de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]