Un baile de moscas
Un baile de moscas | |
---|---|
Autor/a | Kiko Neves |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Abismos. Peto, n.º 43 |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | decembro 2001 |
Formato | 11 x 17,5 cm rústica fresado |
Páxinas | 160 |
ISBN | ISBN 978-84-8302-715-8 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Un baile de moscas é unha obra literaria de Kiko Neves, publicada por Edicións Xerais en decembro de 2001.
Trama
[editar | editar a fonte]Xonás é un rapaz de 26 anos que traballa de administrativo. Vive na súa vila natal, Vilanéboa, situada ao sur da provincia de Pontevedra. Gosta de beber vodka con seven-up, aínda que tamén lle dá ao whisky só ou á Estrella Galicia. As súas amizades, agás un compañeiro que traballa na construción, son os camareiros dos bares que frecuenta.
A acción comeza unha noite de venres, en que coincide nun bar con María e con Lucía, dúas rapazas coas que se deitara tempo atrás. Logo de emborracharse xunto a María, acaban os tres na casa de Lucía. Á noite seguinte acaba moi bébedo en casa de María, e déitase con Lucía.
Desde esa fin de semana, e durante varios meses, vai evolucionando a súa situación persoal con elas dúas. Lucía é mestra, e apenas vai pola vila as fins de semana. María, que traballa nun banco, decide marchar a Porto para evadirse. Xonás é despedido e pasa a estar desempregado.
Nunha pensión de Santiago de Compostela atopa de novo a María, que anda con problemas psicolóxicos. Pouco despois atópaa de novo en casa de Lucía, e a novela remata con eles tres falando animados nunha habitación.
Narración
[editar | editar a fonte]O libro está dividido en 99 capítulos. Alterna a narración da trama en primeira persoa, xunto a capítulos en terceira persoa que describen a bioloxía das moscas.
A obra inclúe poemas de Pastor Rodríguez "Turi" e de Charles Bukowski, e faise referencia a Manuel Rivas.