Kiko Neves
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 ![]() Ponteareas, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xestor administrativo ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() ![]() |
Francisco Xosé Neves Álvarez, nado en Ponteareas en 1969, é un escritor galego, máis coñecido como Kiko Neves.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Recitou por vez primeira no XV Festival da Poesía no Condado, e desde entón ten participado en numerosos recitais.
Desde 1991 foi colaborador da publicación A Peneira, e desde 2003 éo de Novas da Galiza. Entre 1998 e 2001 participou no semanario satírico XO!, A Voz que para as bestas.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Ruído de motos (Letras de Cal, 1997).
- Un poema de amor (Egasur, 1998).
- Centoonce (Xerais, 2005).
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Un baile de moscas (Xerais, 2001).
- O día que morreu Steve Macqueen (A porta verde do sétimo andar, 2010).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Botella ao Mar (2003).
- Sempre mar. Cultura contra a Burla Negra (2003).
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda (Espiral Maior, 2006).
- Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (Espiral Maior, 2007).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do autor en Xerais Arquivado 24 de outubro de 2005 en Wayback Machine.
- Páxina persoal do autor