Uljana Semjonova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaUljana Semjonova

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(lv) Uļjana Semjonova Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Zarasai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Letonia Editar o valor em Wikidata
Altura210 cm Editar o valor em Wikidata
Peso128 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- TTT Riga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1985EuroBasket 1985 Women (en) Traducir
1983Campeonato Mundial de Basquetebol Feminino de 1983 (pt) Traducir
1983EuroBasket 1983 Women (en) Traducir
1981EuroBasket 1981 Women (en) Traducir
1980EuroBasket 1980 Women (en) Traducir
1980Xogos Olímpicos de 1980
1978EuroBasket 1978 Women (en) Traducir
1976Xogos Olímpicos de 1976
1976EuroBasket 1976 Women (en) Traducir
1975Campeonato Mundial de Basquetebol Feminino de 1975 (pt) Traducir
1974EuroBasket 1974 Women (en) Traducir
1973Universíada de Verão de 1973 (pt) Traducir
1972EuroBasket 1972 Women (en) Traducir
1971Campeonato Mundial de Basquetebol Feminino de 1971 (pt) Traducir
1970EuroBasket 1970 Women (en) Traducir
1968EuroBasket 1968 Women (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Olympic.org: uljana-semjonova Editar o valor em Wikidata

Uļjana Larionovna Semjonova (en ruso: Ульяна Ларионовна Семёнова), nada en Zarasai (RSS de Lituania, Unión Soviética) o 9 de marzo de 1952, é unha ex xogadora de baloncesto soviética.[1]

Con 2,13 metros de estatura, está considerada a xogadora máis dominadora do baloncesto mundial nas décadas de 1970 e 1980. Desenvolveu case toda a súa carreira no TTT Riga, co que gañou 15 ligas soviéticas e 11 Copas de Europa. Piar fundamental da selección soviética durante case 20 anos, só perdeu un partido como internacional, o da súa despedida en 1986. Gañou coa selección dúas medallas de ouro olímpicas, tres Campionatos do Mundo e 11 Campionatos de Europa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 13 anos medía xa 1,93 metros, o que chamou a atención dos técnicos do TTT Riga, o mellor club de baloncesto da Unión Soviética por aquel entón. Aos 15 anos debutou co primeiro equipo e na súa primeira campaña gañou a súa primeira liga soviética. Con Semjonova liderando o equipo, o TTT Riga fíxose case invencible, e durante as seguintes dúas décadas conquistou 15 ligas e 11 Copas de Europa. En 1987 gañou o seu último título co Riga, a Copa Ronchetti.

En decembro de 1987 fichou polo Tintoretto de Xetafe, club que viña de ascender á Primeira División de España. O equipo ocupaba postos de descenso naquel momento, pero todo mudou coa chegada de Semjonova, que debutou con 22 puntos e 31 rebotes na vitoria por 92-47 sobre o Canoe.[2] A súa presenza disparou a fama do club en todo o país, e a pesar dos seus problemas físicos, conseguiu sacar o equipo dos postos de descenso, metelo nos play-offs polo título e acadar a final contra o Caixa Tarragona.[2] A continuación xogou unha última tempada no Valenciennes-Orchies, onde puxo fin á súa carreira.

Selección soviética[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección soviética aos 16 anos e liderou o equipo durante os seguintes 18 anos, gañando tres Campionatos do Mundo e 11 Campionatos de Europa, así como dúas medallas de ouro olímpicas, nos Xogos de 1976 e 1980. Competiu por última vez coa selección en 1986, nos Goodwill Games en Moscova, onde perdeu a final contra os Estados Unidos.[3] Foi a súa primeira e única derrota coa Unión Soviética.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi galardoada coa Bandeira Vermella do Traballo en 1976,[4] e en 1993 converteuse na primeira muller non estadounidense consagrada no Salón da Fama do Baloncesto.[5] Foi membro inaugural do Salón da Fama do Baloncesto Feminino na promoción de 1999.[6] En 2007, foi inscrita no Salón da Fama da FIBA.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Semjonova, Uļjana; Kresa, Inita (1996). Kad es biju laimīga (en lituano). Rīga: Latvijas Olimpiskā komiteja. p. 8. ISBN 9984-10-001-4. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "¿Qué fue de Semenova? Una gigante en el corazón de Getafe". As (en castelán). 14 de maio de 2020. Consultado o 9 de febreiro de 2024. 
  3. "Women Basketball Goodwill Games 1986 Moscva (URS) - 05-10.07 Winner United States". todor66.com (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2024. 
  4. Khavin, Boris (1979). Всё об олимпийских играх (en ruso). Fizkultura. p. 578. 
  5. "Uljana Semjonova". hoophall.com (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2024. 
  6. "Uljana Semjonova". wbhof.com (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]