Saltar ao contido

Uber Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uber Arena
Berlín Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
   Uber Arena (de)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Uber Arena (de) dende 2024 
Mercedes-Benz Arena (de) dende 2015 ata 2024
O2 World (de)  ata 2015 Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe do interior
Imaxe satelital
Vista nocturna
Imaxe
 Instancia de
Deporte
Implicados
 Arquitecto/a
 Propietario/a
 Operador/a
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
13 de setembro de 2006 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
10 de setembro de 2008 Editar o valor en Wikidata
Historia
Cifras e dimensións
 Capacidade
   17.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Uber Platz 1, 10243 Berlin Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF246810186 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02psj_k Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: MercedesBenzArenaBerlin Twitter: UberArenaBerlin Instagram: mercedesbenzarena Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Uber Arena é un pavillón multiúsos situado en Berlín, Alemaña, máis concretamente no barrio de Friedrichshain. Foi inaugurado no ano 2008 e conta cunha capacidade de 17.000 persoas. O pavillón é fogar do Eisbären Berlin, club de hóckey sobre xeo, e do Alba Berlín, equipo de baloncesto. Tamén se utiliza para concertos ou para outros partidos de hóckey sobre xeo, baloncesto ou balonmán. En 2009, O2 World acolleu a Final Four da Euroliga na que o Panathinaikos venceu 95-71 o CSKA Moscova.

O pavillón comezou denominándose O²World. En xaneiro de 2015, o fabricante alemán de automóbiles Mercedes-Benz, anunciou que alcanzara un acordo para cambiar o nome do lugar polo de Mercedes-Benz Arena de Berlín a partir do 1 de xullo do 2015, cunha duración de 20 anos.

En marzo de 2024, o pavillón pasou a chamarse Uber Arena, tras un acordo a longo prazo con AEG Europa.

Eventos importantes

[editar | editar a fonte]

A primeira banda que tocou no O2 World foi Metallica o 12 de setembro de 2008.

O multiúsos foi tamén anfitrión dos MTV Europe Music Awards 2009.

O lugar foi sede dun partido da NHL Premiere para a tempada 2011-12 o 8 de outubro do 2011, no que os Buffalo Sabres derrotaron 4-2 os Los Angeles Kings.

Este sitio foi sede tamén da segunda rolda da Euro Beach Soccer League 2011 entre o 8 e o 10 de xullo dese ano.

Britney Spears celebrou un concerto aquí o 26 de xullo do 2010.

En agosto de 2012, o fútbol praia volveu a este lugar co gallo da segunda rolda da Euro Beach Soccer League 2012.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]