Bell UH-1 Iroquois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "UH-1 Iroquois")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bell UH-1 Iroquois
UH1 Huey - Fly Navy 2017 (cropped).jpg
Tipohelicóptero utilitario
FabricanteBell Helicopter
Primeiro voo20 de outubro de 1956
Introducido1959
Produción1956-1987
Unidades construídasmáis de 16 000
VariantesBell UH-1N Twin Huey
Bell 204/205
Bell 212

O Bell UH-1 Iroquois (alcumado "Huey") é un helicóptero utilitario militar impulsado por un único motor turboeixo con dúas palas. É o primeiro membro da prolífica familia Huey e foi desenvolvido por Bell Helicopter para cumprir un requerimento do Exército dos Estados Unidos de 1952 para un helicóptero utilitario e de evacuación médica, voando por vez primeira en 1956. O UH-1 foi o primeiro helicóptero de turbina en entrar en produción en 1960 para as forzas armadas estadounidenses, de dende entón fabricáronse máis de 16 000 unidades.[1]

O Iroquois foi orixinalmente designado HU-1, e de aí procede o alcume de Huey que segue usándose comunmente a pesar da redesignación oficial a UH-1 en 1962.[2] O UH-1 entrou en servizo en operación de combate durante a guerra do Vietnam, despregándose uns 7 000 helicópteros. Os Bell 204 e 205 son versións do Iroquois desenvolvidas para o mercado civil.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

En 1952 o Exército dos Estados Unidos identificou un requisito para un novo helicóptero que servise para evacuación médica (MEDEVAC), adestrador instrumental, e aeronave utilitaria xeral. O Exército determinou que os helicópteros que xa existían eran demasiado grandes, tiñan pouca potencia ou eran demasiado complexos para un mantemento doado. En novembro de 1953 enviáronse requisitos militares revisados ao Departamento do Exército.[3] 20 compañías presentaron deseños para intentar facerse co contrato, incluído Bell Helicopter co Model 204 e Kaman Aircraft cunha versión do H-43 cun motor de turbina. O 23 de febreiro de 1955 o Exército anunciou a súa decisión, seleccionando a Bell para fabricar tres copias do Model 204 para ser avaliadas coa designación XH-40.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bell UH-1Y pocket guide" (PDF). Bell Helicopter,. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  2. "Bell UH-1V 'Huey'". DVHAA. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  3. Weinert 1991, p. 203