Txetxu Gallego
Txetxu Gallego | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Ramón Gallego Souto | ||
Nacemento | 7 de agosto de 1959 | ||
Lugar de nacemento | Durango | ||
Altura | 1,76 m. | ||
Posición | centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1978–1979 | Cultural Durango | ||
1979–1980 | Bilbao Athletic | 30 | (1) |
1980–1991 | Athletic de Bilbao | 259 | (14) |
1980–1981 | → Córdoba | 36 | (0) |
1991–1992 | Alavés | 29 | (1) |
Selección nacional | |||
1986 | España sub-21 | 1 | (0) |
1986–1987 | España olímpica | 4 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Ramón Gallego Souto, coñecido como Txetxu Gallego, nado en Durango o 7 de agosto de 1959, é un exfutbolista español, que xogaba como centrocampista. Desenvolveu case toda a súa carreira no Athletic de Bilbao, co que disputou 331 partidos oficiais en 11 tempadas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira futbolística en 1978, nas filas da Cultural Durango da súa vila natal, en Rexional Preferente. Ao ano seguinte fichou polo filial do Athletic de Bilbao, o Bilbao Athletic, que militaba na Segunda División B.
No filial bilbaíno tivo como adestrador a Javier Clemente e antes de rematar a súa primeira tempada subiu ao primeiro equipo para disputar as últimas xornadas da tempada 1979/80. Debutou na Primeira División nun partido contra o Espanyol en Sarrià, entrando na segunda parte como substituto de José María Noriega.[1] Disputou outros seis partidos co primeiro equipo esa tempada, mentres que na seguinte xogou cedido no Córdoba CF, de Segunda B, mentres realizaba o servizo militar en Andalucía. Co club cordobés logrou o ascenso a Segunda División.
Regresou ao equipo de San Mamés en 1981, sendo un habitual no centro do campo titular durante os seguintes oito anos.[2][3] Formou liña media con De Andrés e Urtubi nas dúas ligas conquistadas de xeito consecutivo polo club vasco nas tempadas 1982/83 e 1983/84, e foi titular nas dúas finais de Copa do Rei que o seu equipo disputou neses anos, gañando a de 1984. Xogou ademais 4 partidos da Copa de Europa e 15 da Copa da UEFA.
Deixou o club en 1991, despois de 331 partidos oficiais e 17 goles (18 segundo o sitio web do Athletic). Xogou unha última tempada co Alavés en Segunda B antes de retirarse. Despois de colgar as botas foi durante anos encargado de material do Athletic.[4]
Selección española[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa selección española sub-21, coa que conquistou a Eurocopa sub-21 en 1986. Disputou tamén catro partidos coa selección olímpica, buscando a clasificación para os Xogos Olímpicos de 1988, pero sen lograr o obxectivo.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Athletic Club
- Primeira División (2): 1982/83, 1983/84.
- Copa do Rei (1): 1983/84.
- Selección española sub-21
- Eurocopa Sub-21 (1): 1986.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "0-0: El Español jugó lo bastante para ganar". Mundo Deportivo (en castelán). 31 de marzo de 1980. p. 4. Consultado o 23 de marzo de 2022.
- ↑ "El bilbaíno Gallego, premio a la regularidad". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de febreiro de 1987. p. 19. Consultado o 23 de marzo de 2022.
- ↑ "Ath. Bilbao: Renovo Gallego". Mundo Deportivo (en castelán). 12 de maio de 1989. p. 64. Consultado o 23 de marzo de 2022.
- ↑ Rivas, Jon. "Un lujo en el banquillo" (en castelán). Consultado o 23 de marzo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador no sitio web do Athletic Club (en castelán).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).