Türk Telekom B.K.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Turk Telekom B.K.»)
Türk Telekom
Información xeral
Liga BSL
Fundación 1991
Historia PTT (1991-1996)
Türk Telekom PTT (1996-1998)
Cores                Azul, branco
Presidente Tahsin Yılmaz
Adestrador Ercüment Sunter
Patrocinador Türk Telecom
Localización
Cidade Ancara, Turquía
Pavillón Ankara Arena
Capacidade 10.400
Inauguración 23 de abril de 2010
Campionatos
Copa 1 (2008)
Supercopa 2 (1997, 2008)
turktelekomspor.com.tr

O Türk Telekom Basketbol Kulübü é un equipo profesional de baloncesto da capital de Turquía, Ancara. O club participa actualmente na Basketbol Süper Ligi, a máxima categoría do baloncesto turco. Fundado en 1991, é unha sección do club polideportivo Türk Telekom GSK. Xoga os seus partidos como local no Ankara Arena, recinto con capacidade para 10.400 espectadores inaugurado en abri de 2010.

Historia[editar | editar a fonte]

O Türk Telekom GSK club foi fundado no ano 1954, inaugurando a súa sección de baloncesto co nome de PTT en 1991. En 1996, o equipo cambiou o seu nome a Türk Telekom PTT. Posteriormente, desde 1998, o club adoptou a súa actual denominación, Türk Telekom. O seu primeiro grande éxito foi a consecución da Copa do Presidente (Supercopa) no ano 1997. Con todo, até once anos despois non velven gañar outro título, aínda que esta foi por partida dobre, xa que en 2008 conseguen gañar tanto a Supercopa como a Copa, esta última após vencer ao Oyak Renault. En setembro de 2011, o primeiro turco en xogar un partido do All Star da National Basketball Association (NBA), Mehmet Okur, fichou polo club debido ao paro da NBA de 2011. En 2016 o club viviu un dos seus peores momentos ao descender da BSL tras finalizar 15º. Despois, de dous anos na segunda categoría, en 2018 regresan á primeira división.[1]

Pavillóns[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia o Türk Telekom ten utilizado os seguintes pavillóns.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Títulos[editar | editar a fonte]

Competicións domésticas[editar | editar a fonte]

Liga de Turquía

  • Subcampións (2): 1997, 20018

Copa de Turquía

  • Campións (1): 2008
  • Subcampións (4): 1996, 1998, 2001, 2003

Supercopa de Turquía

  • Campións (2): 1997, 2008
  • Subcampións (1): 1996

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Caporaso, A. (2 de xuño de 2018). "TT Ankara e Afyon le due squadre promosse in BSL". Sportando (en italiano). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]