Greg Stiemsma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Greg Stiemsma
20140101 Greg Stiemsma 2.JPG
Pivote
Información persoal
Nacemento 26 de setembro de 1985 (34 anos)
California Randolph, Wisconsin
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 118 kg (260 lb)
Información da carreira
Instituto Randolph (Randolph, Wisconsin)
Universidade Wisconsin (2004–2008)
Carreira 2008–2015
Historial de equipos
Oyak Renault (2008–2009)
Seoul SK Knights (2009)
Sioux Falls Skyforce (2009–2010)
Türk Telekom (2010–2011)
Sioux Falls Skyforce (2011)
Boston Celtics (2011–2012)
Minnesota Timberwolves (2012–2013)
New Orleans Pelicans (2013–2014)
Toronto Raptors (2014–2015)

Gregory Stiemsma, nado o 26 de setembro de 1985 en Randolph, Wisconsin, é un ex-xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instituto[editar | editar a fonte]

Stiemsma naceu e creceu en Randolph, Wisconsin. Liderou ao seu equipo do instituto, os Randolph Rockets, a tres títulos consecutivos da División 4, que daquela era a liga máis inferior de Wisconsin.[1]

Universidade[editar | editar a fonte]

Stiemsma xogou para a Universidade de Wisconsin-Madison cos Badgers. Coma sophomore, a Stiemsma se lle diagnosticou unha depresión tras non poder ser academicamente elixible para continuar xogando ao baloncesto debido ás súas malas notas.[2]

Profesional[editar | editar a fonte]

Stiemsma foise a xogar a Turquía, co Oyak Renault.[3] Tras deixar Turquía, asinou un contrato para xogar en Corea do Sur.[4]

O 13 de abril de 2010, tras xogar unha tempada nos Sioux Falls Skyforce da NBA Development League, Stiemsma asinou un contrato cos Minnesota Timberwolves da NBA.[5] Porén, o 10 de setembro foi despedido sen xogar ningún partido.

En outubro de 2010, asinou un contrato de dous anos co Türk Telekom B.K. en Turquía.[6]

Tras xogar de novo nos Skyforce da NBA D-League,[7] o 9 de decembro de 2011 asinou cos Boston Celtics.[8] Fixo o seu debut na NBA o 28 de decembro de 2011 contra os New Orleans Hornets, xogando 20 minutos, e acadando 2 puntos, 6 tapóns e 4 rebotes. Os seus 6 tapóns foron o récord dun xogador dos Celtics no seu debut.[9]

O 21 de xullo de 2012, Stiemsma asinou un acordo cos Minnesota Timberwolves. Os Celtics tiñan a opción de igualar a oferta, pero o 23 de xullo decidiron non facelo. Así, Stiemsma uniuse oficialmente ós Timberwolves o 2 de agosto de 2012.[10] Foi cortado polos Timberwolves o 7 de xullo de 2013.[11]

O 10 de xullo de 2013, fichou polos New Orleans Pelicans.[12] O 14 de xullo de 2014, foi cortado polos Pelicans.[13]

O 4 de setembro de 2014, Stiemsma asinou cos Toronto Raptors.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cullen, Eric (22 de marzo de 2004). "Stiemsma’s Randolph Rockets secure 3rd-straight title". Badger Herald. Consultado o 20 de abril de 2010. 
  2. Davis, Seth (27 de setembro de 2006). "SI.com - Writers - Seth Davis: Wisconsin's Stiemsma is back on track - Wednesday September 27, 2006 11:54AM". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2008. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  3. http://www.bigtennetwork.com/news/article.asp?list_id=11&story_id=2464026[Ligazón morta]
  4. http://hoopsmarinara.blogspot.com/2009/10/update-pro-badgers-around-globe.html
  5. "Wolves Sign Greg Stiemsma". NBA.com. 2010-04-13. Consultado o 2010-04-14. 
  6. "Turk Telekom signs Greg Stiemsma to a two-year contract". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2012. 
  7. http://www.kelo.tv/sports/newsdetail12200.cfm?Id=123642
  8. Celtics Sign Greg Stiemsma
  9. NBA Celtics Gamenote
  10. 1-on-1: Greg Stiemsma Joins The Timberwolves
  11. Timberwolves Waive Greg Stiemsma and Mickael Gelabale
  12. Pelicans sign Greg Stiemsma
  13. "PELICANS SIGN ELY; New Orleans Waives Stiemsma". NBA.com. 14 de abril de 2014. Consultado o 4 de setembro de 2014. 
  14. "Raptors Sign Greg Stiemsma". NBA.com. 4 de setembro de 2014. Consultado o 4 de setembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]