Saltar ao contido

True Lies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

True Lies
Logotipo
 Instancia de
 Título
True Lies (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
Características
 Cor
 Forma artística
 Formato de distribución
 Tema principal
 Obra derivada
True Lies (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Deseñador/a son
 Deseñador/a produción
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
23 de setembro de 1994 (Suecia)
12 de outubro de 1994 (Francia)
15 de xullo de 1994 (Estados Unidos de América)
18 de agosto de 1994 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Duración
   141 min Editar o valor en Wikidata
 Formato de imaxe
   2.35:1 Editar o valor en Wikidata
 Custo
   115.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
   378.882.411 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF316752136 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-570C-0000-2-0000-0000-V Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0hwpz Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
63/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
70% Rotten Tomatoes (14 de agosto de 2024)
6.6/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0111503 Filmaffinity: 991501 Allocine: 10644 Rottentomatoes: m/true_lies Mojo: truelies Allmovie: v131240 TCM: 94009 Metacritic: movie/true-lies TV.com: movies/true-lies Netlix: 60029814 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

True Lies é un filme estadounidense de 1994 do xénero da comedia de acción, coproducido e dirixido por James Cameron, protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Jamie Lee Curtis, Tom Arnold, Art Malik, Tia Carrere, Bill Paxton, Eliza Dushku, Grant Heslov e Charlton Heston. É un remake da película francesa de 1991 La Totale![1]. A película céntrase no axente do goberno norteamericano Harry Tasker (Schwarzenegger), que conxuga a súa vida como espía coas súas obrigas familiares.

True Lies foi o primeiro proxecto de Lightstorm Entertainment distribuído baixo o acordo multimillonario de Cameron con 20th Century Fox, así como a primeira gran produción de Dixital Domain,  cofundada por Cameron.

Argumento

[editar | editar a fonte]
Arnold Schwarzenegger, o gran protagonista do filme

Harry Tasker leva unha dobre vida. Mentres que a súa esposa Helen e a súa filla Dana cren que é un vendedor de computadoras, realmente traballa como axente encuberto dunha forza antiterrorista coñecida como Sector Omega. Recibe a orde de se infiltrar na mansión alpina dun contrabandista de armas en Suíza. Coa axuda dende fóra dos seus compañeiros Albert "Gib" Gibson (Tom Arnold) e Faisil (Grant Heslov), Harry accede a unha computadora no interior da mansión e faina funcionar para que Faisil entre nos seus ficheiros logrando información sobre o comercio ilegal de armamento nuclear. Durante a misión Harry coñece á vendedora de antigüidades Juno Skinner (Tia Carrere) e baila un tango con ela. Aínda que o descobren consegue saír disparando da mansión.

Tia Carrere interpreta a Juno Skinner, unha anticuaria

Produción

[editar | editar a fonte]
Caza utilizado no filme
Sala de Cristal do Millennium Biltmore Hotel onde se gravaron as escenas do vestíbulo do Hotel Marquis

Schwarzenegger afirmou que durante a rodaxe dunha escena cun cabalo, unha cámara estourou e o cabalo "toleou, xirando e pulando" preto dunha caída de 90 metros. Schwarzenegger rapidamente saltou do cabalo e o especialista Billy D. Lucas colleuno.[2] Cun orzamento de produción de 100.000.000[3][4]-120[5],True Lies  foi a primeira película en chegar os 100 millóns.[6] Filmouse nun período de sete meses.

A masión Rosecliff usouse para as escenas de tango de salón ao comezar o filme. E  o exterior do chalé suízo no que Harry Tasker se infiltra filmouse en Ocre Court[7], ámbalas dúas situadas en Newport. As escenas no vestíbulo do ficticio Hotel Marquis en Washington graváronse na sala de baile de cristal do Milennium Biltmore Hotel no centro dos Ánxeles[8].

Lanzamento

[editar | editar a fonte]

Recepción crítica

[editar | editar a fonte]

Tras a súa estrea en 1994 a película recibiu críticas positivas. Baseándose en 47 críticas recollidas por Rotten Tomatoes, True Lies ten un 72% de aprobación e unha media ponderada de 6.5/10; o consenso do sitio é, "Se ben non alcanza a altura das anteriores colaboracións entre o director James Cameron e o actor Arnold Schwarzenegger, True Lies aínda ten suficiente acción e humor na súa, ás veces absurda, trama para entreter"[9]. Metacritic dálle ao filme un 63 de 100, indicando "boas críticas".[10]

A pesar das críticas positivas, National Review criticouna como sexista, cruel, ou mesmo misóxina polo tratamento dado ás personaxes femininas, así como que o heroe (Schwarzenegger) usase os seus recursos da axencia para perseguir e asustar a súa esposa.[11] Membros da comunidade islámica e árabe percibiron que no filme se transmitiu un forte prexuízo antiárabe ou antiislámico .[12][13][14]

Recadación

[editar | editar a fonte]

O filme foi un éxito de público. A súa estrea foi en 2.368 cines nos  Estados Unidos, chegando ao primeiro lugar na súa fin de semana de estrea, chegando a  25.869.770 dólares e un total de 146.282.411 mentres no resto do mundo lograba 232.600.000. En total 378.88.411 en todo o mundo, a  terceira mellor recadación de 1994.[15]

  1. "Schwarzenegger Heats Up the Summer with Action-Packed True Lies". Electronic Gaming Monthly (61) (EGM Media, LLC). agosto de 1994. p. 169.
  2. Schwarzenegger, Arnold. "IamArnold. AMA 2.0.". Reddit. Consultado o 21 de xaneiro 2014.
  3. Fox, D., 1994. Movies: 'True Lies,' 'Forrest Gump' and 'The Lion King' are on target to break a record for non-holiday weekend ticket sales. Los Angeles Times, 18 de xullo de 1994. Dispoñible en http://articles.latimes.com/1994-07-18/entertainment/ca-17141_1_true-lies
  4. Kempley, R., 1994. ‘True Lies’ (R). The Washington Post, 15 de xullo de 1994.
  5. Thompson, Anne. (1994-07-29) 5 True Lies About James Cameron Arquivado 29 de outubro de 2014 en Wayback Machine.. Ew.com
  6. "First film with a $100 million budget". Guinness World Records. Consultado o 2 de febreiro de 2017.
  7. "Movies Filmed in Newport RI". newport-discovery-guide.com.
  8. "True Lies". movie-locations.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2017.
  9. "True Lies". Rotten Tomatoes.
  10. lies Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Metacritic.com
  11. John Simon, "True Lies. National Review, 29 de agosto de 1994.
  12. "Names & Faces: "Muslims Protest Schwarzenegger's 'True Lies'", 22 de xullo de 1994. New York Daily News, vía Orlando Sentinel.". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2017.
  13. "Arab-Americans Protest 'True Lies'" 16 de xullo de 1994, The New York Times.
  14. "Muslim leader wants 'True Lies' banned", 26 de setembro de 1994. The Gainesville Sun, page 3.
  15. 1994 Domestic Grosses. boxofficemojo.com