Saltar ao contido

Trofeo Ciudad de Oviedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTrofeo Ciudad de Oviedo
Tipotorneo Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata

O Trofeo Ciudad de Oviedo foi un torneo futbolítico de verán que tiña lugar no estadio Carlos Tartiere en Oviedo no mes de agosto. Foi organizado entre 1976 e 1996, aínda que houbo varios anos nos que non se celebrou.[1]

Dende a súa creación ata o ano 1979, recibiu o nome de Trofeo Presidente. Entre 1980 a 1987, foi chamado Trofeo Ciudad de Oviedo, nome que tamén lle foi dado entre 1993 e 1996. No intervalo que vai dende 1988 ata 1992, foi coñecido como Trofeo Caja de Ahorros de Asturias.

Nas dúas primeiras edicións participarons catro equipos nun formato de eliminatorias, mudando despois a un formato triangular que se mantería entre 1978 e 1988, e tamén na edición de 1993. De 1989 ata 1996, disputouse a partido único entre dous equipos, coa excepción da antedita edición de 1993. O torneo non foi disputado nos anos 1981 e 1983.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Ano Campión Subcampión Terceiro clasificado Cuarto clasificado
1976Portugal Os BelenensesEspaña Sporting de XixónPortugal Sporting de Lisboa / España Real Oviedo-
1977España Racing de SantanderEspaña Real OviedoEspaña Burgos CFEspaña UP Langreo
1978Galicia Deportivo da CoruñaEspaña Real AvilésEspaña Real Oviedo-
1979España Burgos CFEspaña Real OviedoEspaña Racing de Santander-
1980España Sporting de XixónEspaña Real OviedoEspaña Athletic Club-
1981Non se disputou
1982España Real OviedoEspaña UD SalamancaEspaña Real Valladolid-
1981Non se disputou
1984España Real OviedoEspaña OsasunaEspaña Racing de Santander-
1985España Real OviedoEspaña Sporting de XixónGalicia Celta de Vigo-
1986España Sporting de XixónEspaña Real OviedoEspaña Sestao Sport Club-
1987España Real Oviedo Pumas UNAMEspaña Real Valladolid-
1988España Real Oviedo Boca Juniors--
1989 PalmeirasEspaña Real Oviedo--
1990Alemaña Bayer LeverkusenEspaña Real Oviedo--
1991España Real OviedoCroacia Hajduk Split--
1992España Real OviedoRomanía Dinamo de Bucarest--
1993Italia AC MilanEspaña Real OviedoEspaña FC Barcelona-
1994España FC BarcelonaEspaña Real Oviedo--
1995España Real OviedoEspaña Racing de Santander--
1996España FC BarcelonaEspaña Real Oviedo--

Títulos por clubs

[editar | editar a fonte]
Equipo Títulos Anos
España Real Oviedo 8 1982, 1984, 1985, 1987, 1988, 1991, 1992, 1995
España Sporting de Xixón 2 1980, 1986
España FC Barcelona 2 1994, 1996
Portugal Os Belenenses 1 1976
España Racing de Santander 1 1977
Galicia Deportivo da Coruña 1 1978
España Burgos CF 1 1979
Palmeiras 1 1989
Alemaña Bayer Leverkusen 1 1990
Italia AC Milan 1 1993
  1. Rec.Sport.Soccer Statistics Foundation (ed.). "Trofeo Presidente - Ciudad de Oviedo (1976-1996)".