Trinta e seis vistas do monte Fuji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Trinta e seis Vistas do Monte Fuji»)

Trinta e seis vistas do monte Fuji (富嶽三十六景 Fugaku Sanjūrokkei) é unha serie ukiyo-e composta de 46 xilografías creadas polo artista xaponés Katsushika Hokusai (1760–1849), as cales foron realizadas entre 1831 e 1833. A serie retrata o monte Fuji visto desde diversas perspectivas e baixo distintas estacións do ano e condicións climáticas. Orixinalmente a serie estaba composta por 36 xilografías, mais debido ao seu éxito, incluíronse adicionalmente dez máis nunha segunda publicación[1]

Se ben Trinta e seis vistas do Monte Fuji é unha das series ukiyo-e máis famosas que tratan sobre o Monte Fuji, esta contén moitas similitudes con outras obras relacionadas tamén co Monte Fuji, como por exemplo Fuji Sanjū-Rokkei «Trinta e seis vistas do monte Fuji» de Utagawa Hiroshige ou a serie Fugaku Hyakkei «Once vistas do monte Fuji» do mesmo Hokusai. O Monte Fuji é un símbolo moi popular na arte xaponesa, debido ao seu peso cultural e relixioso. Esta crenza remóntase a Kaguya, onde unha deusa deposita o elixir da vida no curuto.

Gravados[editar | editar a fonte]

Os 36[editar | editar a fonte]

Imaxe Título en galego Título en xaponés
1 A grande onda de Kanagawa 神奈川沖浪裏 (Kanagawa oki nami-ura?)
2 Vento do sur, ceo clarexado (tamén coñecido como Fuji vermello) 凱風快晴 (Gaifū kaisei?)
3 Treboada baixo o cumio 山下白雨 (Sanka hakū?)
4 Baixo a ponte de Mannen en Fukagawa 深川万年橋下 (Fukagawa Mannen-bashi shita?)
5 Sundai, Edo 東都駿台 (Tōto sundai?)
6 Piñeiros de Aoyama 青山円座松 (Aoyama enza-no-matsu?)
7 Senju, provincia de Musashi 武州千住

Bushū Senju

8 Paso de Inume, Kōshū 甲州犬目峠 (Kōshū inume-tōge?)
9 Vista do Fuji na provincia de Owari 尾州不二見原 (Bishū Fujimigahara?)
10 Ejiri na provincia de Suruga 駿州江尻 (Sunshū Ejiri?)
11 Esbozo da tenda Mitsui na rúa de Suruga en Edo 江都駿河町三井見世略図 (Kōto Suruga-cho Mitsui Miseryakuzu?)
12 Solpor a través da ponte de Ryōgoku na ribeira do río Sumida en Onmayagashi 御厩川岸より両国橋夕陽見 (Ommayagashi yori ryōgoku-bashi yūhi mi?)
13 Sazai, templo dos cincocentos rakans 五百らかん寺さざゐどう (Gohyaku-rakanji Sazaidō?)
14 Casa de té en Koishikawa. Mañá despois dunha nevarada. 礫川雪の旦 (Koishikawa yuki no ashita?)
15 Baixo Meguro 下目黒 (Shimo-Meguro?)
16 Muíño en Onden 隠田の水車 (Onden no suisha?)
17 Enoshima na provincia de Sagami 相州江の島 (Soshū Enoshima?)
18 Beira da baía de Tago, Ejiri en Tōkaidō 東海道江尻田子の浦略図 (Tōkaidō Ejiri tago-no-ura?)
19 Yoshida en Tōkaidō 東海道吉田 (Tōkaidō Yoshida?)
20 A ruta marítima da provincia de Kazusa 上総の海路 (Kazusa no kairo?)
21 A ponte de Nihonbashi en Edo 江戸日本橋 (Edo Nihon-bashi?)
22 Vila de Sekiya no río Sumida 隅田川関屋の里 (Sumidagawa Sekiya no sato?)
23 Baía de Noboto 登戸浦 (Noboto-ura?)
24 O lago de Hakone na provincia de Sagami 相州箱根湖水 (Sōshū Hakone kosui?)
25 Reflexo do Mount Fuji no lago de Kawaguchi, visto desde o paso de Misaka na provincia de Kai 甲州三坂水面 (Kōshū Misaka suimen?)
26 Hodogaya no camiño de Tōkaidō 東海道程ケ谷 (Tōkaidō Hodogaya?)
27 Río Tama na provincia de Musashi 武州玉川 (Bushū Tamagawa?)
28 Templo de Asakusa Hongan-ji na capital oriental [Edo] 東都浅草本願寺 (Tōto Asakusa honganji?)
29 Illa de Tsukuda na provincia de Musashi 武陽佃島 (Buyō Tsukuda-jima?)
30 Praia de Shichiri na provincia de Sagami 相州七里浜 (Soshū Shichiri-ga-hama?)
31 Umegawa na provincia de Sagami 相州梅沢庄 (Soshū umezawanoshō?)
32 Kajikazawa na provincia de Kai 甲州石班沢 (Kōshū Kajikazawa?)
33 Paso de Mishima na provincia de Kai 甲州三嶌越 (Kōshū Mishima-goe?)
34 Monte Fuji desde as montañas de Tōtōmi 遠江山中 (Tōtōmi sanchū?)
35 Lago de Suwa na provincia de Shinano 信州諏訪湖 (Shinshū Suwa-ko?)
36 Ushibori na provincia de Hitachi 常州牛掘 (Jōshū Ushibori?)

Os 10 adicionais[editar | editar a fonte]

Imaxe Título en galego Título en xaponés
1 Coto de Goten-yama, Shinagawa no Tōkaidō 東海道品川御殿山の不二 (Tōkaidō Shinagawa Goten'yama no Fuji?)
2 Honjo Tatekawa 本所立川 (Honjo Tatekawa?)
3 Nakahara na provincia de Sagami 従千住花街眺望の不二 (Senju Hana-machi Yori Chōbō no Fuji?)
4 Soshu Nakahara 相州仲原 (Sōshū Nakahara?)
5 Ōno Shinden na provincia de Suruga 駿州大野新田 (Sunshū Ōno-shinden?)
6 Trepando o Fuji 諸人登山 (Shojin tozan?)
7 A plantación de té de Katakura na provincia de Suruga 駿州片倉茶園の不二 (Sunshū Katakura chaen no Fuji?)
8 O Fuji desde Kanaya no Tōkaidō 東海道金谷の不二 (Tōkaidō Kanaya no Fuji?)
9 Amencer en Isawa na provincia de Kai 甲州伊沢暁 (Kōshū Isawa no Akatsuki?)
10 Costas do Fuji desde o río Minobu 身延川裏不二 (Minobu-gawa ura Fuji?)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]