Trasluz (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trasluz
PaísEspaña
Lingualingua galega e lingua castelá
editar datos en Wikidata ]

Trasluz, co subtítulo Lukus, é o nome dunha revista bilingüe en galego e castelán fundada na cidade de Lugo no ano 2008, coa vocación de pór en valor as riquezas da provincia luguesa a nivel paisaxístico, empresarial ou gastronómico, en palabras tanto de literatos como de políticos ou xornalistas. Até o momento teñen escrito nela persoeiros que van dende Ricardo Varela Sánchez ou Fernando Blanco Álvarez até Darío Xohán Cabana ou Claudio Rodríguez Fer. Así, a editorial do primeiro número di o seguinte:

Lugo goza dunha das etapas de maior éxito da súa longa historia ... e Trasluz aparece con vocación de se converter no escaparate dese proxecto de futuro...

A edición da revista corre a cargo de Ernesto Sánchez Pombo e os números da mesma correpóndense coas estacións do ano, sendo o primeiro deles o do inverno de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]