Enxeñaría xenética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Enxeñería xenética")

A enxeñaría xenética é un conxunto de técnicas, que forman parte da bioloxía molecular e teñen como obxecto a utilización dos coñecementos adquiridos en xenética para utilizar, reproducir, ou modificar o xenoma dos seres vivos. A miúdo ten por obxecto a modificación dos xenotipos, o que adoita producir a modificación dos fenotipos. A biotecnoloxía da manipulación xenética e transferencia de ADN dun organismo a outro, que posibilita a creación de novas variedades, a corrección de defectos xenéticos e a fabricación de numerosos compostos.

Outras acepcións[editar | editar a fonte]

Na súa acepción máis ampla, a manipulación xenética significa calquera cambio realizado no material xenético.

Existen dous niveis de manipulación xenética. A primeira é a manipulación xenética de mellora, dedicada a crear individuos con mellores cualidades. Isto ten diversos riscos tanto socio-éticos (división da especie en mellorados e non mellorados) coma xenéticos (perda de diversidade xenética).

A segunda é a manipulación xenética con fins terapéuticos con enormes opcións e posibilidades para a sociedade actual.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]