Transformers (filme)
| Transformers | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||
Transformers é un filme de ciencia ficción, acción e aventura estadounidense de 2007, adaptación da franquía Transformers, dirixido por Michael Bay e producida por Steven Spielberg con guión de Roberto Orci e Alex Kurtzman. Está protagonizado por Shia LaBeouf, Megan Fox, Josh Duhamel, Tyrese Gibson, Jon Voight, Anthony Anderson e John Turturro, xunto con Peter Cullen e Hugo Weaving que dan voz a Optimus Prime e Megatron respectivamente.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Protagonizado por Shia LaBeouf como Sam Witwicky, un adolescente que se ve metido nunha guerra entre os heroicos Autobots e os malignos Decepticons, dúas faccións de robots alieníxenas que son capaces de transformarse en calquera máquina. Os Decepticons desexan o control de AllSpark, un obxecto que creou a súa raza robótica coa intención de usalo para dar vida a todas as máquinas da Terra.
Personaxes
[editar | editar a fonte]
- Shia LaBeouf como Sam Witwicky
- Josh Duhamel como Capitán William Lennox
- Megan Fox como Mikaela Banes
- Tyrese Gibson como TSgt. Robert Epps
- Rachael Taylor como Maggie Madsen
- Anthony Anderson como Glen Whitmann
- John Turturro como Agt. Seymour Simmons
- Jon Voight como John Keller
- Michael O'Neill como Tom Banachek
- Kevin Dunn como Ron Witwicky
- Julie White como Judy Witwicky
- Amaury Nolasco como ACWO Jorge "Fig" Figueroa
- Zack Ward como Sarxento Donnelly
- W. Morgan Sheppard como Capitán Archibald Witwicky
- Bernie Mac como Bobby Bolivia
- John Robinson como Miles Lancaster
- Travis Van Winkle como Trent DeMarco
- Glenn Morshower como Coronel Sharp
Produción
[editar | editar a fonte]
Os produtores Don Murphy e Tom DeSanto desenvolveron o proxecto en 2003. Hasbro, a propietaria dos xoguetes nos que se basea a franquía, organizou unha gran campaña promocional enorme con lanzamento coordinado de cómics, xoguetes e libros e publicidade indirecta con General Motors e eBay.
O filme, estreado o 28 de xuño de 2007 en Australia e o 3 de xullo nos Estados Unidos, constituíu un éxito de público, recadando máis de 700 millóns de dólares en todo o mundo, pero a crítica estivo dividida. O filme converteuse no primeiro dunha serie, o segundo foi Transformers: Revenge of the Fallen estreado o 24 de xuño de 2009.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Transformers |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Transformers na IMDb (en inglés).
- Filmes de 2007
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Michael Bay
- Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes de DreamWorks
- Filmes rodados nos Ánxeles
- Filmes rodados en Míchigan
- Filmes rodados en Novo México
- Filmes rodados en Nevada
- Filmes ambientados en 1897
- Filmes ambientados en 2003
- Filmes ambientados en 2007
- Filmes sobre o exército dos Estados Unidos de América
- Filmes ambientados en Washington, D.C.
- Filmes baseados en xoguetes
- Filmes baseados en series de televisión
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX