Saltar ao contido

STS-112

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-112
Imaxe do escudo de armas
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Nave
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
Datas
 Lanzamento
7 de outubro de 2002 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
Cifras e dimensións
 Masa
116.538 kg engalaxe
91.390 kg aterraxe
12.572 kg carga útil Editar o valor en Wikidata
 Duración
   935.924 s Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   405 km Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   273 km Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
   51,6 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   91,2 min Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02jpmf Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

STS-112 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 7 de outubro de 2002 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[1][2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-112, con seis astronautas a bordo (cinco americanos e un ruso), foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Jeffrey Ashby, a piloto Pamela Melroy e os especialistas de misión David Wolf, Piers Sellers, Sandra Magnus e Fiodor Iurchikhin.[2][3][4][5]

O transbordador levaba a bordo a viga S1 (de 14 m e 13 toneladas) para estender o mastro central e con parte do sistema de control térmico, incluíndo circuítos de arrefriamento con amoníaco e radiadores. Tamén levaba a plataforma CETA (Crew and Equipment Translation Aid) para o desprazamento de astronautas durante as actividades extravehiculares. A viga e a CETA foron instaladas durante tres paseos espaciais. Durante a misión tamén se reparou a cinta de exercicio da estación, se axustaron uns circuítos protectores na viga S1 e se substituíu un separador de humidade na esclusa Quest.[2][3][4][5]

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 18 de outubro de 2002.[2][3][4]

  1. ↑ "Note verbale dated 11 December 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-60675(E)). 20 de decembro de 2002: 4. Consultado o 20 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 3 4 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 112" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2018.
  4. 1 2 3 4 Mark Wade (2011). "STS-112" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 NASA (16 de febreiro de 2010). "STS-111" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]