Tragúlidos
Tragúlidos Tragulidae Cervos rato Rango fósil: mioceno temperán - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tragulus javanicus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
A dos tragúlidos (Tragulidae) é unha familia de mamíferos artiodáctilos ruminantes, a única da infraorde dos tragulinos (Tragulina), que son coñecidos vulgarmente como cervos rato.[1]
Son criaturas pequenas, misteriosas, que se encontran soamente nas selvas tropicais de África, a India e o sueste asiático.
A familia inclúe tres xéneros e dez especies,[2] varias delas, dos xéneros Moschiola e Tragulus, descritas en 2004 e 2005.
Características
[editar | editar a fonte]Os tragúlidos son un exemplo dunha forma primitiva de ruminantes. Aínda que teñen o estómago dividido en catro compartimentos para fermentar plantas resistentes, a terceira cámara está pouco desenvolvida.
Non teñen cornos, pero ambos os sexos posúen os caninos superiores grandes,[3] os dos machos son mou prominentes e afiados, proxectándose para fóra da mandíbula.
As patas son curtas e finas, que lles permite pouca axilidade, pero en cambio serven para camiñar pola densa follaxe do seu ambiente.
O maior membro da familia é Hyemoschus aquaticus, de África, que mide aproximadamente 80 cm de lonxitude e un peso duns 10 kg.[4]
E o máis pequeno, Tragulis javanicus, do sueste asiático, é o menor de todos os ungulados: os adultos miden 45 cm de lonxitude e pesan 2 kg.[5]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1864 polo zoólogo francés Henri Milne-Edwards, e comprende os seguintes xéneros e especies:[2]
- Familia Tragulidae
- Xénero Hyemoschus
- Xénero Moschiola
- Xénero Tragulus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Matthews, L. Harrison (1977): La Vida de los Mamíferos, Tomo II. Historia Natural Destino, vol. 17. Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-0700-X.
- ↑ 2,0 2,1 Wilson & Reeder (2005): Mammal Species of the World.
- ↑ Grubb, P. (2005): "Order Artiodactyla". En: Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) Mammal Species of the World. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
- ↑ Hyemoschus aquaticus en ADW (en inglés)
- ↑ Fukuta, K.; Kudo, H. & Jalaludin, S. (1996): "Unique pits on the erythrocytes of the lesser mouse-deer, Tragulus javanicus". Journal of Anatomy, 189 (1); 211-213.
- ↑ 6,0 6,1 Groves, C. & Meijaard, E. (2005); "Intraspecific variation in Moschiola, the Indian Chevrotain". The Raffles Bulletin of Zoology. Supplement 12: 413-421. PDF Arquivado 27 de xullo de 2008 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tragúlidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tragúlidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.