Saltar ao contido

Lousame, Lousame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lousame
Igrexa de San Xoán de Lousame.
ConcelloLousame[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°45′55″N 8°50′55″O / 42.7652, -8.8485
Poboación1.023 hab. (2020)
Entidades de poboación21[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Lousame é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 1.023 habitantes (508 homes e 515 mulleres) distribuídos en 21 entidades de poboación.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte con Lesende (separados polo río Vilacova), ao noroeste con Noia, ao sur con Boiro, ao sueste con Fruíme, ao oeste con Tállara, e ao leste con Vilacova.

Ten un relevo variado, con altitudes máximas de entre 300 e 350 m nas beiras do monte comunal de Aldeagrande e no de Seoane. Ocupa boa parte do val do río Pesqueira, formado polo rego do Espiño ou da Mina (que nace en Froxán) e o de Chave.

Na aldea de Portobravo está a casa consistorial, o centro médico e a casa da cultura. Na Silva está o CPI Diego Antonio Cernadas de Castro, o polideportivo Pilar Barreiro Senra e a piscina municipal. A igrexa municipal está en Seoane.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Lousame

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Lousame no concello de Lousame (A Coruña)

Aldea Grande de Lousame | Berrimes | As Bouciñas | Brandia | O Castro | Cerquides | Ces | Chave | A Costa | Croído | Filgueira | Gandarela | Maxide | O Outeiro | Pastoriza | Portobravo | As Quintáns | Riatelo | Seixido | Seoane | A Silva

Parroquias de Lousame

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Lousame

Camboño (San Xoán) | Fruíme (San Martiño) | Lesende (San Martiño) | Lousame (San Xoán) | Tállara (San Pedro) | Toxos Outos (San Xusto) | Vilacova (Santa Eulalia)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]