Total War: Warhammer é un videoxogo de estratexiapor quendas e en tempo real desenvolvido por Creative Assembly e publicado por Sega. O xogo baséase na mecánica de xogo da serie Total War con faccións da serie de xogos Warhammer de Games Workshop. É o décimo título dentro da serie de videoxogos Total War. Ó contrario que os seus predecesores, que inclúen ambientacións históricas, o xogo introduce unha ambientación de fantasía así como personaxes do universo Warhammer.[1]
Cada facción ten acceso a unidades e elementos de campaña únicos. Un novo modo de misións e batallas dirixe ó xogador cara completar diversas misións e batallas para recibir varios obxectos e habilidades novas. Criaturas voadoras, como os dragóns, tamén aparecen no xogo. O mapa da campaña é semellante ó de Total War: Attila, coa excepción de que presenta unha diversidade maior no terreo físico e no clima segundo o punto do mapa.[2] A maxia tamén forma parte dos elementos introducidos nesta edición.[3] Ó contrario ca outros xogos da serie Total War, os axentes inclúense nas batallas así coma no mapa de campaña.[4]Total War: Warhammer inclúe unha maior candidade e variedade de animacións que os xogos anteriores da serie, e mantén características destes como a construción de edificios e cidades, a diplomacia e o recrutamento de unidades.[5]
O 6 de decembro de 2012, Sega anunciou a súa colaboración con Games Workshop para desenvolver varios títulos para a serie Warhammer.[6] Sega encargoulle o estudio The Creative Assembly, creador da serie Total War, que desenvolvese estes xogos. O primeiro deles programouse para a súa publicación máis tarde do 2013.[7] No momento dese anuncio, The Creative Assembly tiña cinco títulos en desenvolvemento, incluíndo Total War: Rome II e Alien: Isolation. O 13 de xaneiro de 2015 o xogo foi filtrado por medio dun libro de ilustracións titulado The Art of Total War.[8] O xogo foi avanzado de novo nun vídeo publicado por The Creative Assembly en marzo dese ano como celebración do seu 15º aniversario.[9] Porén, o xogo non se anunciou de forma oficial ata o 22 de abril de 2015, cando Sega publicou un avance cinemático de estrea para o xogo.[10]
A data de publicación final foi o 24 de maio de 2016.[17] Trala súa publicación o xogo acadou unha puntuación do 86% no agregador Metacritic.[18]IGN deulle unha puntuación de 8,6 sobre 10,[19]GameSpot deulle unha puntuación de 9 sobre 10,[20] e PC Gamer outorgoulle unha puntuación do 86%.[21]