Tony Gatlif

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tony Gatlif
Tony Gatlif (2016).jpg
Nome completoMichel Dahmani
Nacemento10 de setembro de 1945 (73 anos)
LugarAlxer, Alxeria Francesa
NacionalidadeFlag of France.svg Francia
ProfesiónDirector, produtor, guionista, actor
editar datos en Wikidata ]

Michel Dahmani, coñecido comoTony Gatlif, nado en Alxer o 10 de setembro de 1948 é un director de cinema francés de orixe romaní que tamén traballa como guionista, compositor, actor e produtor.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gatlif naceu en Alxer, de pai cabilo e nai romaní.[1] Trala súa infancia en Alxeria, chegou a Francia en 1960 trala guerra de independencia de Alxeria.

Gatlif loitou durante anos para entrar na industria do cinema, traballando en varias producións teatrais ata que dirixiu o seu primeiro filme, La Tête en ruine, en 1975. Seguiuno co filme de 1979 La Terre au ventre, historia ambientada na guerra de Alxeria.

Desde que dirixiu Corre, gitano (1981) a obra de Gatlif centrouse no pobo romaní de Europa. Tras Gaspard et Robinson (1990), Gatlif pasou os anos 1992 e 1993 filmando Latcho Drom, que recibiu numerosos premios. Esta longametraxe musical, trata a cultura xitana polo mundo a través da súa música e a súa danza. Un ano máis tarde, levou á pantalla o mundo do escritor J. M. G. Le Clézio en Mondo (1994).

O seu filme de 2004 Exils, gañou o premio ao mellor director no festival de Cannes.[2] O seu filme Transylvania tamén se estreou en Cannes.[3]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Guionista[editar | editar a fonte]

Director e guionista[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tony Gatlif en terre d'asile
  2. "Festival de Cannes: Exils". festival-cannes.com. Consultado o 30 de novembro de 2009. 
  3. "Festival de Cannes: Transylvania". festival-cannes.com. Consultado o 18 de decembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]