Tombo (libro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un tombo (do grego τύμβος, "túmulo") é un cartulario onde os mosteiros, catedrais, igrexas ou concellos rexistraban datos de interese para a súa historia e control dos seus privilexios, doazóns, escrituras e pertenzas. Os máis antigos estaban en pergamiño e os máis modernos, en papel.

Estes manuscritos, dependendo da riqueza da entidade e da importancia política que os emitía, adoitaban inserir decoración de folio ou nas marxes do texto. Neste caso, era frecuente o elemento figurativo para representar a un santo, nobre ou rei coas súas insignias características de poder.

Tombo Menor de Castela con miniaturas de Alfonso VIII e Leonor Plantagenet entregando o castelo e vila de Uclés ao maestre da Orde de Santiago Ferrand. Aparece tamén o estandarte da Orde e dous cabaleiros.

Son especialmente significativos do poder da Igrexa os tombos da Catedral de Santiago de Compostela. No denominado Tombo A, cuxo contido comeza no século IX aparecen, entre outras, miniaturas románicas producidas polo scriptorium compostelán a partir de 1129, por mandato do arcebispo Diego Xelmírez. Este tombo contén rexistros que chegan até o século XVII.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rodríguez Resino, Álvaro. "Documentación y arqueología: El caso del Tumbo A de Santiago de Compostela". 

Outros artigos[editar | editar a fonte]