Tombo de Caaveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Cartulario ou Tombo de Caaveiro é un conxunto de documentos pertencentes ao Mosteiro de Caaveiro que se conservan na sección de Códices do Arquivo Histórico Nacional co número 1439 B. Consta de 114 folios de pergamiño.

O Tombo de Caaveiro contén os seguintes documentos:

  1. Un documento, datado en 936, de doazón de San Rosendo e outros frades de diversos bens ao mosteiro. Considerado erroneamente por algúns como acta fundacional do mosteiro de Caaveiro.
  2. Documentos reais de privilexios e doazóns diversas ao mosteiro.
  3. Documentos de carácter privado de distintos tipos: doazóns, compravendas, permutas, preitos, pactos, partillas etc. Constitúen a meirande parte do cartulario.

O documento máis antigo leva data de 10 de agosto de 714 e nel Bermudo, suposto rei de Galicia, doa ao mosteiro a vila de Bermui con todas as súas posesións e as igrexas de Santiago e San Xurxo. O documento datado máis moderno é do 8 de xullo de 1253 e corresponde a unha doazón ao mosteiro dunha herdanza en Maniños. Amais hai 12 documentos sen datar. Non hai documentación correspondente aos anos comprendidos entre o 937 e o 1062, probabelmente debido a un incendio que afectou ao arquivo, aínda que outra hipótese é a interrución temporal da vida monacal durante eses anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]