Tomas Ledin
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Tomas Folke Jonas Ledin ![]() 25 de febreiro de 1952 ![]() Q10658490 ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, produtor musical, cantautor, artista discográfico ![]() |
Período de actividade | 1972 ![]() |
Xénero artístico | Música pop ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Selo discográfico | Polar ![]() |
Participou en | |
19 de abril de 1980 | Festival Eurovisão da Canção 1980 (pt) ![]() |
1980 | Melodifestivalen 1980 (en) ![]() |
1979 | Melodifestivalen 1979 (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Marie Ledin ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Vem är det 1985 (en) ![]() Vem är det 1993 (en) ![]() Vem är det 1995 (en) ![]() ![]() |
Sitio web | tomasledin.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Tomas Folke Jonas Ledin, nado en Östersund o 25 de febreiro de 1952, é un cantante, compositor, guitarrista e produtor musical sueco .
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ledin criouse en Rätan, Hölö e Sandviken, o seu pai era mestre de preescolar. Estivo nos Estados Unidos como alumno de intercambio e á volta á Suecia rexeitou realizar o servizo militar, influído pola reacción á Guerra de Vietnam do movemento pacifista norteamericano e as letras de Bod Dylan[1] e obtivo a exención. Ledin comezou a súa carreira musical en 1972 co seu primeiro sinxelo, "Då ska jag spela", que se converteu nun grande éxito, seguíndolle outras cancións populares como "Blå, blå känslor" (1973), "Knivhuggarrock" (1975), "Festen har börjat" (1976) e "I natt är jag din" (1977). Participación na montaxe sueca do musicalGospell en 1975. En 1979 Benny Andersson de ABBA ofreceulle gravar para a compañía do grupo, Polar Music, uníndose ao grupo na súa xira 1979-1980 como corista, pero tamén puido cantar unha composición propia, "Not Bad at All". Tomas Ledin apareceu tamén no DVD ABBA Live e no vídeo Super Trouper.

En 1980 gañou o Melodifestivalen que determinaba o representante sueco no Festival de Eurovisión dese ano coa canción "Just nu!", logrando o décimo posto, pero a canción chegou ao número un da lista sueca[2] e na súa versión en inglés "Right Now!" foi tamén un éxito en Grecia e Portugal.
En 1982 gravou con Agnetha Fältskog de ABBA a canción "Never Again" que foi popular en Europa, realizando tamén unha versión en castelán, "Ya nunca más" que foi número un en Chile. Ledin compuxo "Take Good Care of Your Children" que Fältskog gravou en 1983 para o álbum Wrap Your Arms Around Mee "I Got Something" para Anni-Frid Lyngstad de ABBA que incluíu no álbum Something's Going On (1982).

Na década de 1980 consolidada a súa fama en Escandinavia, realizou xiras por Alemaña e os Países Baixos en 1982 e en 1983 actuou diante 60.000 persoas en Berlín xunto con outros cantates internacionais, pero non logrou acadar a mesma fama no resto de Europa. En 1984 puxo fin á súa carreira musical e comezou a traballar como produtor da compañía discográfica da súa dona, Record Station, producindo artitas con éxito como Pugh Rogefeldt e Magnus Uggla. En 1985 organizou en Gotemburgo con Mikael Wiehe e Tommy Rander un concerto para o Congreso Nacional Africano con varios artitas suecos.
En 1988 Tomas Ledin volveu compoñer de novo, escribindo cancións en inglés. Lanzou o álbum Down on the Pleasure Avenue que non logrou éxito ningún e Ledin volveu ao sueco logrando en 1990 un novo éxito co álbum Tillfälligheternas spel, converténdose desde aquela un dos artitas con máis vendas en Suecia. En 1991 organizou o Rocktåget, unha xira na que participan artitas suecos de rock e pop por todo o país e que desde entón segue a se celebrar.
En 2000 vendeu 260.000 discos en Suecia do seu álbum Festen har börjat (samlingsalbum), o que significaron tres discos de platino, logrando tamén por vez primeira un disco de ouro en Finlandia. No ano 2002 realizou unha gran xira por Escandivavia con 27 concertos en Suecia e 8 nos outros países, ao que acudiron unhas 250.000 persoas.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- 1972 – Restless Mind
- 1973 – Hjärtats rytm
- 1975 – Knivhuggarrock
- 1976 – Natten är ung
- 1977 – Tomas Ledin]
- 1978 – Fasten Seatbelts
- 1979 – Ut på sta'n
- 1980 – Lookin' for a Good Time
- 1982 – Gränslös
- 1982 – The Human Touch
- 1983 – Captured
- 1988 – Down on the Pleasure Avenue
- 1990 – Tillfälligheternas spel
- 1993 – Du kan lita på mig
- 1996 – T
- 2000 – Djävulen & ängeln
- 2002 – Hela vägen
- 2004 – Med vidöppna fönster
- 2006 – Plektrum
- 2009 – 500 dagar om året
- 2012 – Restless Mind (bonusversion)
- 2013 – Höga kusten
Álbums en directo
[editar | editar a fonte]- 1978 – Tagen på bar gärning
- 1985 – En galen kväll
- 2003 – I sommarnattens ljus
- 2006 – Ledin Live 2006
Álbums recompilatorios
[editar | editar a fonte]- 1977 – 71–73
- 1980 – Korten på bordet
- 1990 – Ett samlingsalbum
- 1997 – Sånger att älska till
- 2000 – Vuodet 1972–2000
- 2001 – Festen har börjat
- 2012 – 40/40
EP
[editar | editar a fonte]- 2011 - Tolkningarna
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- 1972 – Då ska jag spela
- 1972 – Lay Me Your Body Down
- 1977 – Minns du Hollywood
- 1979 – Det ligger i luften
- 1979 – Vi ska gömma oss i varandra
- 1979 – Not Bad at All
- 1980 – Just nu!
- 1980 – Open Up!
- 1981 – Sensuella Isabella
- 1982 – Kärleken är som en studsande boll
- 1982 – Sommaren är kort
- 1982 – Never Again
- 1983 – What Are You Doing Tonight?
- 1983 – Det finns inget finare än kärleken
- 1984 – Don't Touch That Dial
- 1984 – Everybody Wants to Hear It
- 1985 – Svenska flickor
- 1988 – Who's That Lucky Guy
- 1988 – The Only One
- 1988 – Crazy About You
- 1990 – En samlingsmix
- 1990 – En del av mitt hjärta
- 1990 – Hon gör allt för att göra mig lycklig
- 1990 – Här kommer den nya tiden
- 1991 – Snart tystnar musiken
- 1991 – En dag på stranden
- 1993 – Släpp hästarna fria
- 1993 – Du kan lita på mig
- 1993 – En vind av längtan
- 1993 – Nyckeln till dej
- 1996 – Lika hopplöst förälskad
- 1996 – Varje steg för oss närmare varann
- 2000 – Hopp (om en ljusare värld)
- 2002 – En lång väg tillsammans
- 2002 – Helt galen i dig
- 2003 – En man som älskar
- 2004 – Vem kunde ana
- 2006 – Gilla läget
- 2006 – Vi är på gång – VM 2006
- 2009 – Håll ut
- 2009 – 500 dagar om året
- 2012 – Too Many Days
- 2012 – As One
- 2013 - Hammarn unner bönninga
DVD
[editar | editar a fonte]- 2003 – Ledin: Just då! (DVD)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en sueco)
- Arquivo con vídeos de Tomas Ledin na SVT Arquivado 18 de maio de 2014 en Wayback Machine. (non se poden visualizar en tódolos países)
- Vídeo da canción En del av mitt hjärta en Youtube