Tomás Blesa
Tomás Blesa | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Tomás Ismael Blesa Noé | ||
Nacemento | 21 de febreiro de 1962 (61 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ariño | ||
Altura | 178 centímetros | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1981–1985 | Zaragoza | 3 | (0) |
1985–1986 | Aragón | 37 | (0) |
1986–1987 | Zaragoza | 18 | (2) |
1987–1988 | Deportivo da Coruña | 34 | (1) |
1989–1991 | Levante | 69 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Tomás Ismael Blesa Noé, nado en Ariño (Teruel) o 21 de febreiro de 1962, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debutou na tempada 1981–82 no Real Zaragoza en Primeira División, xogando un partido, logrando tan só 2 encontros máis nas seguintes dúas campañas, motivo polo que foi relegado ao equipo filial, o Deportivo Aragón, na tempada 1985–86, que militaba en Segunda División.
No filial maño xogou 37 partidos e tendo un papel protagonista, pero descendendo o equipo a Segunda División B ao final da campaña. Na tempada 1986–87 volveu á disciplina do Real Zaragoza en Primeira División, xogando 18 partidos e anotando 2 goles.
Na tempada 1987–88 fichou por unha tempada polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. No club galego participou en 34 partidos e anotou un gol, conseguindo salvar ao conxunto coruñés do descenso nun disputado final de liga. Foi compañeiro de zaga de Portela, Cayetano Tomás Navarrete, Modesto López Novoa ou Ramón Calvo, entre outros.
Na tempada 1989–90 foi contratado polo Levante UD, onde permaneceu dúas campañas, descendendo ao final da última a Segunda División B.