Todd Graff
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de outubro de 1959 Manhattan, Estados Unidos de América |
| Educación | Universidade Estatal de Nova York en Purchase Professional Children's School |
| Actividade | |
| Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, actor, escritor, actor de cinema, actor de teatro, actor de televisión, guionista, realizador |
| Período de actividade | 1970 |
| Premios | |
| |
Todd Graff, nado en Nova York o 22 de outubro de 1959, é un actor, guionista e director estadounidense, máis coñecido pola súa película independente de 2003 Camp e o seu papel de Alan "Hippy" Carnes na película de ciencia ficción The Abyss (1989).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graff naceu en Nova York, Nova York, fillo de Judith Clarice (de solteira, Oxhorn), unha profesora de piano e directora de coro, e Jerome Lawrence Graff, un músico. A súa irmá é a actriz Ilene Graff.
Graff cantou nos álbums do elenco orixinal de Sesame Street (1970) e Sesame follow-up Street 2 (1971), pero chegou á fama en 1975, cando se xuntou ao elenco da serie de televisión The Electric Company. Desempeñou o papel de Jesse, un membro do Short Circus e permaneceu na serie ata o final da súa produción en 1977 (substituíu a Stephen Gustafson).
Graff actuou en varios filmes, incluíndo Smoochy, Dominick and Eugene, Strange Days, Not Quite Paradise e The Abyss. En 1984 foi nomeado para o premio Tony pola súa interpretación de Danny no musical de Broadway Baby.
En 2006 Graff dirixiu o musical teatral 13, de Jason Robert Brown e Dan Elish, no Mark Taper Forum. En 2009, co-escribiu e dirixiu a película Bandslam. En 2012, escribiu e dirixiu a película Joyful Noise.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Filmes
[editar | editar a fonte]| Filme | Personaxe | Ano |
|---|---|---|
| P.O.P. | Johnny Gordon | 1984 |
| Five Corners | James | 1987 |
| Opportunity Knocks | Lou | 1990 |
| Framed | Pete | 1990 |
| Fly By Night | Naji | 1993 |
| Not Quite Jerusalem | Rothwell T Schwartz | 1985 |
| It's No Crush, I'm in Love | Robby Pols | 1982 e 1983 |
| Dominick and Eugene | Larry Higgins | 1988 |
| An Innocent Man | Robby | 1989 |
| The Abyss | Alain 'Hippy' Carnes | 1989 |
| Sweet Lorraine | Leonard | 1987 |
| After Midnight | Tough Kid | 1989 |
| Strange Days | Tex Arcana | 1995 |
| City of Hope | Zip | 1991 |
Series de televisión
[editar | editar a fonte]| Serie | Personaxe | Ano |
|---|---|---|
| A Nanny | Harvey | 1997 |
| Chicago Hope | Louis Bagley | 1995 |
| ABC Afterschool Specials | Trent e Robby Pols | 1983 e 1992 |
| The Marshall Chronicles | Vincent | 1990 |
| Vietnam War Story | Richard Muldoon | 1987 |
| The Electric Company | Jesse | 1975-1977 |
Guionista
[editar | editar a fonte]| Filme | Ano |
|---|---|
| Joyful Noise | 2012 |
| School Rock Band | 2008 |
| Camp | 2003 |
| The Beautician and the Beast | 1997 |
| Angie | 1994 |
| Fly by Night | 1993 |
| Romance de outono | 1992 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Películas de Todd Graff (en castelán)
- Todd Graff na IMDb (en inglés).
- Nados en 1959
- Nados en Nova York
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de Nova York
- Escritores dos Estados Unidos de América
- Escritores en lingua inglesa
- Guionistas dos Estados Unidos de América
- Directores de cine dos Estados Unidos de América