Colineta
Colineta | |
---|---|
Colinetas en Viveiro. | |
Nome | Colineta |
Tipo | Doce |
Lugar de orixe | Galicia e Asturias |
Ingredientes | ovos, azucre e améndoas |
A colineta é unha especie de biscoito feito con ovos, azucre e améndoas moídas, sen fariña. Faise nalgúns lugares da Mariña de Lugo (O Valadouro, Ribadeo, Viveiro e Mondoñedo) e tamén en zonas de Asturias e País Vasco.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
A referencia máis antiga desta sobremesa pode atoparse no libro Libro de cocina a propósito para la mesa vizcaína de María Dolores Vedia Goosfens e publicado en 1903. Tamén pode atoparse no libro La cocina práctica de Picadillo, publicado en 1905.[1]
Preparación[editar | editar a fonte]
Segundo Picadillo, a receita da colineta é a seguinte:
Colineta- Bátense quince xemas de ovo cunha libra de azucre, engádeselles unha libra de améndoas feitas pasta, úntase un molde de manteiga, colócase a masa nel, e cócese no forno.
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 A cociña do Merlín, Miguel Vila Pernas, Editorial Galaxia, 2005.
- ↑ Tradución do orixinal en castelán.
- ↑ La cocina práctica, Picadillo, A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1905.