Ángel Concheiro Coello
Aparencia
(Redirección desde «Tito Concheiro»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ángel Concheiro.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1964 Ordes, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | arqueólogo |
| Familia | |
| Irmáns | Gonzalo Concheiro Antonio Concheiro Coello |
Ángel Concheiro Coello, coñecido como Tito Concheiro, nado en Ordes en 1966, é un arqueólogo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Concheiro Carro e neto de Antonio Concheiro Iglesias. Licenciado en Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu intervencións arqueolóxicas por toda Galicia, dirixindo os proxectos de escavación e conservación no Castro do Achadizo (Boiro), Castros de Punta Neixón (Boiro), Castro de Baroña (Porto do Son), Castro das Barreiras (Vimianzo) e asentamento aberto de Valdamio (Os Riós). Foi arqueólogo da Deputación da Coruña. Os seus dous principais campos de actuación son a Idade de Ferro e o mundo dos gravados rupestres da Idade de Bronce, sobre os que ten publicado artigos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Castro do Achadizo: cultura material, economía e subsistencia na Idade do Ferro.