Tierra Gallega (Montevideo)
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tierra Gallega.
Tierra Gallega foi un semanario editado na Montevideo entre 1917 e 1918.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Apareceu o 11 de febreiro de 1917. O seu fundador e director foi Xosé María Barreiro, ata o número 40, cando se encargou da dirección Miguel Barros Castro. O secretario de redacción era Ángel Aller. Realizou un intenso labor a prol da unión dos galegos residentes en Montevideo e para difundir a literatura galega. Tamén publicou folletíns de temática galega. Cesou a súa publicación o 28 de abril de 1918.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.