Saltar ao contido

Ti primeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ti primeiro
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Ambientado en
 Modo de xogo
 Motor gráfico
 Plataforma
Implicados
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
10 de agosto de 2021 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt13645788 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Ti primeiro é unha novela visual creada por Roberto Alvite[1] e producida e publicada por Melgo Cinema. Foi lanzada o 10 de agosto de 2021 para dispositivos móbiles iOS e Android. Caracterízase pola superposición de textos sobre fotografías fixas en imaxe real para narrar a historia, unha historia romántica ambientada na Coruña, e na que o xogador pode tomar decisións para ver outros puntos de vista dos acontecementos.

Argumento

[editar | editar a fonte]

O xogo segue etapas da vida conxunta de Álex (Iris Darriba) e Sebas (Roberto Alvite), unha parella de 30 anos que, tras oito meses de relación, intenta ter unha relación aberta.[2] Ao longo de tres episodios en distintos anos da súa vida, séguese a súa evolución como parella e como persoas, particularmente coa guía dun narrador omnisciente que critica personaxes e situacións á vez que serve de alivio cómico.

Mecánicas

[editar | editar a fonte]

A interactividade de Ti Primeiro limítase a seleccionar as decisións en momentos puntuais da historia, é dicir, o avance de lectura é automático. O creador, Roberto Alvite, buscaba unha experiencia sinxela para trasladar o formato de novela visual a novos públicos que nunca tiveran probado o formato por todo o mundo.[3] Ningunha ruta narrativa está formulada como mellor que outra, senón que complementan o que o xogador coñece das personaxes.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O guión do xogo foi escrito en abril de 2020, durante pleno confinamento pola pandemia de covid-19. Tras uns meses de preprodución, a rodaxe tivo lugar entre agosto e setembro do mesmo ano, para continuar con meses de posprodución, incluíndo a localización a seis linguas (galego, español, inglés, francés, italiano e portugués do Brasil), ata o seu lanzamento en agosto de 2021.[4]

Recepción

[editar | editar a fonte]

Un mes despois do seu lanzamento, Ti Primeiro sumaba máis de 10.000 descargas en máis de 30 países.[5] Entre as críticas recibidas, o portal Cinemagavia menciona aspectos positivos como que «o relato gaña, sobre todo, na temática que aborda, naturalizando conceptos como a comunicación en parella, a apertura das relacións, o desexo, a sexualidade diversa… e levándoos a unha relación coa que se podería identificar calquera persoa», e outros menos favorables como «un dos inconvenientes que se atopa é que, en ocasións, resulta excesivamente longa e fáltalle maior dinamismo».[6]

  1. Redacción (27 de novembro de 2011). "Ti primeiro, la primera novela visual española en la que el lector decide el futuro de sus protagonistas". europapress.es (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2022.
  2. Taibo, Marieta (7 de setembro de 2021). "'Ti Primeiro', la novela romántica en la que puedes elegir el destino de sus protagonistas". cosmopolitan.com (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2022.
  3. García, María. "¿Son las novelas visuales el futuro de los libros?". rtve.es (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2021.
  4. Segura Albert, Luisa (4 de novembro de 2021). "Ti primeiro, una historia de amor diferente". rtve.es (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2022.
  5. García, Alejandra (9 de setembro de 2021). "La novela visual e interactiva ‘Ti Primeiro’ ya ha superado las 10.000 descargas". audiovisual451.com. Consultado o 19 de xuño de 2022.
  6. Da Costa, Diego (13 de setembro de 2021). ""Ti Primeiro": Abrazar al deseo y al romanticismo". cinemagavia.es (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]