Ibis sagrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Threskiornis aethiopicus»)
Ibis sagrado
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Pelecaniformes
Familia: Threskiornithidae
Xénero: Threskiornis
Especie: T. aethiopicus
Nome binomial
Threskiornis aethiopicus
Latham, 1790
Distribución da especie.
Distribución da especie.

Distribución da especie.
Threskiornis aethiopicus

O ibis sagrado[2] (Threskiornis aethiopicus) é unha especie de ave pelecaniforme da familia Threskiornithidae[3][4] propia de rexións de África e Asia.

Características[editar | editar a fonte]

Posúe unha plumaxe branca no tronco, na base das ás, ventre e cola, e negra na testa e nos extremos das ás, que en reposo superan o longo da cola. De costumes diúrnas e gregarias, habita nas beiras dos ríos, lagos e augas estancadas, asociado con outras aves acuáticas de semellantes hábitos alimenticios como as cegoñas ou o marabú. Aliméntase principalmente de insectos e miñocas, ademais de crustáceos e pequenos réptiles, ós que captura co seu longo peteiro curvo.

Culto[editar | editar a fonte]

O ibis sagrado era considerado un animal sagrado para os exipcios. Crían que era un mensaxeiro do deus Tot.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International 2008. Threskiornis aethiopicus Arquivado 07 de xuño de 2020 en Wayback Machine.. In: IUCN 2009. 2009 IUCN Red List of Threatened Species
  2. IV Xornadas de iniciación á ornitoloxía, páxina da Sociedade Galega de Ornitoloxía
  3. Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan, and C. L. Wood. 2010. The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  4. Peterson, A. P. 2010. Birds of the World -- current valid scientific avian names. Consultado en xaneiro de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barlow, Clive; Wacher, Tim; Disley, Tony (1997). Pica Press, ed. A Field Guide to birds of The Gambia and Senegal. Robertsbridge. ISBN 1-873403-32-1.