TUI Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Thomson Airways»)
TUI Airways
TUI Logo 2016.svg
IATA
BY
OACI
TOM
Indicativo
TUIAIR
Fundación1962 (como Britannia Airways)
Inicio das operacións1 de novembro de 2008 como Thomson Airways
2 de outubro de 2017 como TUI Airways
AlianzaTUI Airlines
Frota62
Destinos96
HoldingTUI Group
Eslogan da compañíaDiscover Your Smile
Sede
Páxina web: https://www.tui.co.uk

TUI Airways, acotío coñecida como TUI UK (anteriormente Thomson Airways), é a aeroliña chárter máis grande do mundo. Ofrece voos chárter e regulares dende o Reino Unido e Irlanda a destinos en Europa, África, Asia e Norteamérica. A compañía transportou 10,6 millóns de pasaxeiros no ano 2016, sendo a terceira maior aeroliña británica en número de pasaxeiros, tras easyJet e British Airways.[1]

A oficina do seu rexistro está na TUI Travel House en Crawley, West Sussex, pero as súas oficinas principais atópanse en Luton, Bedfordshire. TUI Airways Limited ten un certificado de operación aérea da Autoridade de Aviación Civil británica de tipo A, o cal lle permite transportar pasaxeiros, carga e correo en avión de 20 ou máis asentos.

A aeroliña creouse tras a fusión da división de viaxes de TUI AG e de First Choice Holidays plc en setembro de 2007 para formar TUI Travel. As respectivas aeroliñas das dúas compañías, Thomsonfly e First Choice Airways, fusionáronse en maio de 2008 e pasaron a chamarse Thomson Airways en novembro dese ano. TUI Travel fusionouse con TUI AG para formar o TUI Group en decembro de 2014.

A compñía cambiou oficialmente o seu nome legal de Thomson Airways a TUI Airways o 2 de outubro de 2017.[2] Este cambio realizouse para estar acorde coas súas compañías irmás TUI fly Belgium, TUI fly Deutschland, TUI fly Netherlands e TUI fly Nordic. Todas as aeroliñas do grupo, agás Corsair International, utilizan agora a marca TUI.

Frota[editar | editar a fonte]

Actual[editar | editar a fonte]

En decembro de 2020 a frota de TUI Airways estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de TUI Airways
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
P Y Total
Boeing 737-800 31 8 189 189
Boeing 737 MAX 8 6 3 189 189 Almacenados debido aos problemas co modelo
Boeing 737 MAX 10 14 TBA
Boeing 757-200 4 221 221 Serán substituídos polos 737 MAX 10
Boeing 767-300ER 2 328 328 Serán substituídos por Boeing 787-9
Boeing 787-8 8 47 253 300
Boeing 787-9 6 63 282 345
Total 57 25

Histórica[editar | editar a fonte]

Frota histórica de TUI Airways
Avión Introducido Retirado Notas
Airbus A320-200 2008 2012 Herdados de First Choice Airways
Airbus A321-200 2008 2013
Boeing 737-300 2008 2012 Herdados de Thomsonfly

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Civil Aviation Authority (ed.). "Airline data". Consultado o 11 de novembro de 2017. 
  2. Companies House (ed.). "TUI Airways Limited". Consultado o 11 de novembro de 2017. 
  3. "TUI Airways Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-07.