TUI fly Nordic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
TUI fly Nordic
TUIfly Logo 2016.svg
IATA
6B
OACI
BLX
Indicativo
BLUESCAN
Fundación1985 (como Transwede Airways)
Frota5
Destinos47
HoldingTUI Group
Páxina web: http://www.tuiflynordic.se

TUI fly Nordic é unha aeroliña chárter sueca con sede en Estocolmo que forma parte do TUI Group. A compañía opera voos a destinos de ocio dende varios aeroportos nos países nórdicos no nome dos turoperadores TUI Danmark (Dinamarca), TUI Suomi (Finlandia), TUI Norge (Noruega) e TUI Sverige (Suecia).

Historia[editar | editar a fonte]

A aeroliña fundouse orixinalmente en 1985 como Transwede Airways, operando tanto voos chárter como regulares a destinos por toda Europa. En 1996 a parte chárter da compañía pasou a mans do turoperador sueco Fritidsresor e doi renomeada como Blue Scandinavia. Tras a compra de Fritidsresor por Thomson en 1998, a aeroliña pasou a chamarse Britannia Airways. Despois de que Preussag (TUI) mercase o Thomson Group en 2000 a aeroliña pasou a chamarse TUI fly Nordic en 2005.

Frota[editar | editar a fonte]

En abril de 2018 a frota de TUI fly Nordic estaba formada polos seguintes avións:[1]

Frota de TUI fly Nordic
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
P E Total
Boeing 737-800 4 189 189
Boeing 737 MAX 8 1[2] 4 189 189 Entregas dende febreiro de 2018
Total 5 4

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Planespotters (ed.). "TUIfly Nordic Fleet Details and History". Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  2. ch-aviation (ed.). "Sweden's TUI fly Nordic adds maiden B737 MAX 8". Consultado o 11 de xuño de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]