Terápsidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Therapsida")
Therapsida
Estemmenosuchus BW.jpg

Estemmenosuchus

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Synapsida
Orde sen rango: Sphenacodontia
Orde: Therapsida *
Subordes

Therapsida ou terápsidos, coñecidos tamén como réptiles mamaliformes, forman un orde da clase Synapsida (sinápsidos) que atopamos en estado fósil. Os terápsidos son ancestros dos mamíferos.

Xorden no período Pérmico, no final da Era Paleozoica, sendo descendentes dos réptiles pelicosauros (Pelycosauria). Moitas especies desapareceran no evento de extinción en masa acontecido no fin do período Pérmico, pero as especies supervivintes conseguiron adaptarse e acadaron o seu apoxeo no período Triásico, xa na Era Mesozoica, cando dominaron o ambiente terrestre e se espallaron pola Panxea, ocupando moitos nichos ecolóxicos e dando orixe a moitas novas especies. Con todo, ao final do Triásico, houbo outra gran extinción e os terápsidos practicamente desapareceron e foron substituídos como grupo dominante polos emerxentes dinosauros (con quen non tiñan parentesco directo). Unhas poucas especies perduraron ata o final do período Cretácico, cando finalmente desapareceron.

Características[editar | editar a fonte]

Os terápsidos posuían características similares aos mamíferos. Entre elas destacan a heterodontia (variacións no formato dos dentes); mecanismos de regulación da temperatura (homeotermia) e, nalgunhas especies máis evolucionadas, presenza de pelos. Os mamíferos xurdiron a partir de especies da suborde Cynodontia, no período Triásico.

De postura cuadrúpeda e alimentación carnívora e herbívora, segundo as especies, proliferaron durante as eras Paleozoica sendo dominantes durante o período Pérmico e Mesozoico (entre 250 e 190 millóns de anos atrás).

Ao contrario dos dinosauros, os terápsidos son pouco coñecidos polo público en xeral, mesmo sendo os ancestros directos dos mamíferos e tendo un rexistro paleontolóxico bastante completo.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Os terápsidos clasifícanse en dinocéfalos, anomodontes (herbívoros) e biarmosuquianos (carnívoros).

      ,______________________ Dicynodontia +
  ____|   
      |     ,________________ Cynodontia +
      |_____| 
            |________________ Mammalia

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Synapsida
  |
Sphenacodontia
  |-Sphenacodontidae 
  `-Therapsida
    |-?Tetraceratops
    `-+-Biarmosuchia
      |    |-Eotitanosuchidae
      |    `-?Phthinosuchidae
      `-Eutherapsida
           |-Dinocephalia
           |    |-Anteosauria
           |    `-Tapinocephalia
           `-Neotherapsida
              |-Anomodontia
              |   |-Dromasauria 
              |   `-Dicynodontia
              `-Theriodontia
                 |-Gorgonopsia
                 |  |-Lycaenops
                 |  `-Inostrancevia
                 `-Eutheriodontia
                   |-Therocephalia
                   |  `-Eutherocephalia
                   |     `-Bauria
                   `-Cynodontia
                       `-Mammalia

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns exernas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Terápsidos

En inglés[editar | editar a fonte]