Jeff Tweedy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jeff Tweedy
Jeff Tweedy 20120122-00075 (33423676505).jpg
Nome completoJeffrey Scot Tweedy
Nacemento25 de agosto de 1967
OrixeBelleville, Illinois, Estados Unidos
CónxuxeSue Miller
OcupaciónCompositor, músico e poeta
XéneroRock alternativo
Country alternativo
Instrumento(s)Voz e guitarra
Relacionado conUncle Tupelo
Wilco
Tweedy
Tempo en activo1984 - actualidade
Jeff Tweedy signature, Billboard Open Letter 2016.png
editar datos en Wikidata ]

Jeffrey Scot "Jeff" Tweedy, nado o 25 de agosto de 1967 en Belleville, é un compositor, músico e poeta estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira musical coa banda de country alternativo Uncle Tupelo, dende 1987 ata 1994. Un ano despois da separación da banda, forma na cidade de Chicago o grupo de rock alternativo Wilco. Tamén participou con varios grupos de música indie, como Golden Smog e Loose Fur, grabou un álbum con The Minus 5 e colaborou con Rosanne Cash na gravación do tema "Long Black Veil", dentro do álbum "The List".

En 2004 publicou Adult Head, un libro de poesía. Tamén estivo un tempo nun centro de rehabilitación por depresión e adicción aos analxésicos. En varias ocasións confesou que padece de fortes migrañas con bastante frecuencia.

Está casado con Sue Miller, antiga propietaria de extinto club de Chicago Loung Ax, coa que tivo dous fillos, Sam e Spencer. Os dous seguiron os pasos do seu pai e tocan xuntos na súa propia banda, The Blisters, que actuaron con Wilco no Chicago's Lollapalooza 2006. En xuño de 2014 anuncióu a ceación dun novo grupo co seu fillo Spencer, chamado Tweedy.

O 13 de novembro de 2018 publicou o seu libro de memorias “Let’s Go (So We Can Get Back). A memoir of recording and discording with Wilco, etc.”.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

  • Together at Last (2017)
  • Warm (2018)

Con Uncle Tupelo[editar | editar a fonte]

  • No Depression (1990)
  • Still Feel Gone (1991)
  • March 16–20, 1992 (1992)
  • Anodyne (1993)

Con Wilco[editar | editar a fonte]

Con Tweedy[editar | editar a fonte]

  • Sukierae (2014)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]