The Boy in the Striped Pyjamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

The Boy in the Striped Pyjamas
Entrance Auschwitz I.jpg
Entrada de Auschwitz
Ficha técnica
Título orixinal The Boy in the Striped Pyjamas
Director Mark Herman
Produtor David Heyman
Guión Mark Herman
Baseado en O neno do pixama a raias de John Boyne
Intérpretes Asa Butterfield
Jack Scanlon
David Thewlis
Vera Farmiga
Rupert Friend
Música James Horner
Fotografía Benoît Delhomme
Montaxe Michael Ellis
Estudio BBC Films
Heyday Films
Distribuidora Miramax Films
Estrea 2008
Duración 93 minutos
Orixe Reino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Drama
Orzamento $12 500 000
Recadación $40 400 000

The Boy in the Striped Pyjamas é un filme británico-estadounidense dirixido por Mark Herman que foi estreado no 2008. Está baseado no libro O neno do pixama a raias do escritor irlandés John Boyne.

Argumento[editar | editar a fonte]

Berlín, 1942. Bruno (Asa Butterfield) ten oito anos e descoñece o significado da Solución Final e do Holocausto. Non é consciente das pavorosas crueldades que o seu país, en plena guerra mundial, está inflixindo ós pobos de Europa. Todo o que sabe é que o seu pai -nomeado comandante dun campo de concentración- foi ascendido, e que pasou de vivir nunha confortable casa de Berlín a unha zona illada. Todo cambia cando coñece a Shmuel, un neno xudeu que vive unha estraña existencia paralela ó outro lado da aramada.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]