Texas (banda)
Texas (banda) | |
---|---|
Orixe | Glasgow, Escocia |
Xénero(s) | Rock alternativo |
Membros | Sharleen Spiteri
Ally McErlaine Johnny McElhone Eddie Campbell Tony McGovern Michael Bannister Ross McFarlane |
Antigos membros | Richard Hynd
Stuart Kerr Neil Payne Steve Washington Mikey Wilson Mark One Charlotte Hodson Nicole Patterson |
Na rede | |
https://www.texas.uk.com/ | |
Texas é un grupo escocés de pop e rock alternativo orixinario de Glasgow, Escocia. Fundada en 1986 por Johnny McElhone, Ally McErlaine, e Sharleen Spiteri. Texas estreouse en marzo de 1988 na Universidade de Dundee.
O seu nome provén da película de Wim Wenders Paris, Texas, de 1984, da que foron influenciados pola banda sonora do filme feita por Ry Cooder nun estilo minimalista cunha guitarra electroacústica como base.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nun primeiro momento, Sharleen Spiteri escribiu as súas propias cancións e Gerry, que actuaba como o seu representante artístico, foi o encargado de presentar o grupo ás discográficas.
Mentres preparaban a súa primeira demo, contactaron con Ally McErlaine para facerse cargo da guitarra e Stuart Keer para a batería.
En 1988 estrean e a partir de entón non paran de dar concertos. Texas publicou o seu primeiro disco, Southside, co que acadaron un grande éxito de vendas. O segundo disco, titulado Mother's Heaven, foi mellor considerado pero o éxito non lles sorriu como na ocasión anterior.
Co sabor agridoce dos resultados de Mother's Heaven, os texanos puxéronse a traballar nun novo disco en 1992, Ricks Road, co que volveron acadar bos resultados de vendas.
A discografía de Texas complétase con varios títulos máis, como White on Blonde, The Hush, Careful What You Wish For, Red Book,The BBC Sessions, The Conversation e Jump on board entre outros.
O seu décimo álbum Hi foi rematado antes da pandemia mundial de Covid-19, máis non se publicóu ata un tempo despoi, xa que tiñan claro que non sacarían ningún disco mentres a situación fose crítica.[1]Cando chegóu o momento, foi directamente o número un en Gran Bretaña, converténdose nése momento no seu maior éxito desde The hush de 1999.[2]
En xuño de 2023 publicaron The Very Best Of 1989 – 2023, unha recompilación con 24 cancións coas que a banda celebrou os seus 34 anos de carreira.[3]
Compoñentes
[editar | editar a fonte]Texas está formada por:
- Sharleen Spiteri, vocalista e guitarra
- Ally McErlaine, guitarra
- Johnny McElhone, baixo
- Eddie Campbell, teclado
- Mykie Wilson, batería
Discografía
[editar | editar a fonte]Durante os seus 30 anos de carreira, a banda conseguiu vender uns 35 millóns de discos.[4]
- Southside (1989) n.º 3 Reino Unido, n.º 23 España (1.000.000)
- Mothers Heaven (1991) n.º 32 Reino Unido, n.º 15 España (500.000)
- Ricks Road (1993) n.º 18 Reino Unido, n.º 17 España (500.000)
- White On Blonde (1997) n.º 1 Reino Unido, n.º 4 España (5.000.000)
- The Hush (1999) n.º 1 Reino Unido, n.º 5 España (4.000.000)
- The Greatest Hits (2000) n.º 1 Reino Unido, n.º 2 España (3.000.000)
- Careful What You Wish For (2003) n.º 5 Reino Unido, n.º 10 España (500.000)
- Red Book (2005) n.º 16 Reino Unido, n.º 27 España (100.000)
- The BBC Sessions (2007)
- The Conversation (2013)
- Jump on board (2017)
- Hi (2021)
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Premios británicos
Ano | Nomeamento / traballo | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
1998 | White on Blonde | MasterCard British Album | Nomeamento |
"Say What You Want" | Best British Single | Nomeamento | |
Themselves | Best British Group | Nomeamento | |
2000 | Nomeamento | ||
2001 | "In Demand" | Best British Video | Nomeamento |
Premios Ivor Novello
Ano | Nomeamento / traballo | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
1998 | "Say What You Want" | Most Performed Work | Nomeamento |
"Black Eyed Boy" | Nomeamento | ||
Themselves | Outstanding Song Collection | Gañadora |
Premios MTV Europe Music
Ano | Nomeamento / Traballo | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
1999 | Themselves | Best UK & Ireland Act | Nomeamento |
Premios Music & Media Year-End
Ano | Nomeamento / Traballo | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
1989 | Southside | Debut Album of the Year | 2º posto |
Premios Music Week Women in Music
Ano | Nomeamento / Traballo | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
2017 | Sharleen Spiteri | Inspirational Artist | Gañadora |
Premios NME
Ano | Nomeamento / Traballo | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
2003 | Sharleen Spiteri | Sexiest Woman | Nomeamento |
2005 | Nomeamento |
Premios NRJ Music
Ano | Nomeamento / Traballo | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
1999 | Themselves | International Duo/Group of the Year | Gañadora |
Premios Q
Ano | Nomeamento / Traballo | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
1999 | The Hush | Best Album | Nomeamento |
Smash Hits Poll Winners Party
Ano | Nomeamento / Traballo | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
1989 | Themselves | Most Promising New Group | Nomeamento |
2000 | Best British Band | Nomeamento |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Texas: «El éxito nos dio la libertad de hacer lo que nos da la gana»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-08-05. Consultado o 2024-01-10.
- ↑ "Sharleen Spiteri: «Las cosas no están mejorando para las mujeres en la industria de la música»". Ultima Hora (en castelán). 2022-08-11. Consultado o 2024-01-11.
- ↑ LOS40 (2023-04-25). "Así suena 'After All', el nuevo tema de Texas incluido en su recopilatorio de grandes éxitos". LOS40 (en castelán). Consultado o 2024-01-10.
- ↑ "Texas vende más de 35 millones de discos - Leer en Gigwise".