Sharleen Spiteri
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1967 (57 anos) Bellshill, Reino Unido |
Educación | Vale of Leven Academy (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositora de cancións, música |
Período de actividade | 1988 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música pop |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Mercury Records |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | sharleenspiteri.co.uk |
Sharleen Eugene Spiteri, nada en Glasgow o 7 de novembro de 1967, é unha cantante escocesa de pop rock, que leva á fronte da banda Texas dende 1989.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Spiteri naceu en Bellshill, preto de Glasgow, filla de Eddie, un mariñeiro mercante amante da guitarra, e de Wilma, unha cantante. Spiteri é de orixe maltesa, italiana e irlandesa.[2] Na súa mocidade a súa familia trasladouse dos suburbios de Glasgow a Dumbartonshire. A música sempre se escoitou na súa casa, que o acompañou e foi inspiración para os temas dos seus discos.
Carreira musical
[editar | editar a fonte]As influencias de Spiteri inclúen The Clash (a principal razón pola que interpreta a Black Fender Telecaster), Blondie, pasando por Marvin Gaye e Prince. Tamén se recoñece como unha fan declarada de Diana Ross.
Ela cofundou a banda Texas mentres aínda era perruqueira en Glasgow no Irvine Rusk Salon.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sharleen Spiteri (Texas): «De alguna manera te vuelves más punk cuando te haces viejo porque todo te da igual»". El País (en castelán). 2022-08-26. Consultado o 2024-01-09.
- ↑ "Sharleen Spiteri: My family values". The Guardian (en inglés). 27 de febrero de 2010.