Tetrastes sewerzowi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Tetrastes sewerzowi
Grévol chinés, grévol de Severtzov
Lámina dunha parella de Tetrastes sewerzowi na obra Ornithological Miscellany, de G. D. Rowlwy. Londres (1875-1878).
Lámina dunha parella de Tetrastes sewerzowi
na obra Ornithological Miscellany,
de G. D. Rowlwy. Londres (1875-1878).
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Tetraoninae
Xénero: Tetrastes
Especie: T. sewerzowi
Nome binomial
Tetrastes sewerzowi
(Przewalski, 1876)

Tetrastes sewerzowi, é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que compoñen o xénero Tetrastes.

Características[editar | editar a fonte]

Cercanamente emparentado co grévol común (Tetrastes bonasia) ten unha aparencia moi similar a este. As partes superiores e o peito son de cor castaña intensamente veteadas en negro e branco, e as inferiores son brancas con pencas negras. A garganta é negra, e está enmarcada cunha lista branca. Tamén ten unha lista branca postocular. Os machos presentan unha pequeña carúncula vermella sobre os ollos. Diferénciase unicamente do grévol común en ter máis pencas negras nas partes superiores e ter unha cor máis castaña no peito; ademais, o patrón de franxas da cola é diferente.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

É unha especie sedentaria vive nos montes do oeste da China: (Gansu, leste do Tíbet, noroeste de Yunnan e norte de Sichuan),[1] en bosques de coníferas e mixtos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi definida en 1876 polo naturalista ruso Nikolai Przewalski,[2]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Además de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[3]

  • Bonasa sewerzowi (Prjevalsky, 1876)

Subespecies[editar | editar a fonte]

Recoñécense, dentro da especie, dúas subespecies:[2]

  • Tetrastes sewerzowi secundus Riley, 1925
  • Tetrastes sewerzowi sewerzowi Prjevalski, 1876

Nomes comúns[editar | editar a fonte]

Na bibliografía internacional coñécese como grévol chinés (debido á súa principal área de dispersión) ou grévol de Severtzov, xa que o seu descritor dedicolle a especie ao seu compatriota o explorador e naturalista ruso Nikolai Alekséievich Sévertsov.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]